Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2010

Bacallau alloarrieiro

Imos a darlle a unha receita de bacallau, que coido que ainda non tocáramos este pau. Imos con algo sinxelo, pero moi saboroso. Imos a usar: 3 ou 4 lombos de bacallau desalado 1 cebola 1 pemento verde 2 dentes de allo 3 pementos chouriceiros 1/2 vaso de prebe de tomate 1 ou 2 anacos de guindilla Poñemos a cocer o bacallau, arrancando dende auga fría. No momento que empece a ferver apartámolo do lume e deixámolo temperar na auga. O mesmo tempo poñemos os pementos chouriceiros en auga temperada, para despois rasparlle a carne. Picamos a cebola, os dentes de allo e o pemento poñemos a pochar. Cando empece a coller cor, engadimos o prebe de tomate, a carne dos pementos chouriceiros, a guindilla e o bacallau desmigado. Deixamos facer o conxunto uns 5 minutos. Se quedase sen humidade, pódese engadir unha pouca auga. Ata aquí a receita, a presentación a vosa imaxinación. Eu usei unhas patacas previamente cocidas que logo cortadas en rodelas dinlle unha fritura e ovo cocid

De Palas de Rei a Castañeda

O pasado día 18 fixemos a etapa do mes de setembro, xa queda menos para o destino final. Xa estamos a menos de 50 quilómetros. É unha etapa que transcorre no seu 99% (aprox) por camiños cheos de árbores, por camiños frescos e alonxados das carreteiras. Non é unha etapa da que se poida dicir que foxe dura, pero usando terminoloxía ciclista, é unha etapa rompepernas.