Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

Solombo de porco con prebe de champiñóns

Coma todas las semanas (ou case que todas) vou a poñer unha receita. Neste caso faremos un prato con solombo de porco (pódese ser de tenreira) e imos a necesitar: 1 solombo de porco (debe dar 8 medallóns) 8 rebandas de touciño 250 grs de champiñóns 250 ml de tona para cociñar 1 chorro de coñá Aceite, sal e pementa verde en grao Poñemos aceite nunha tarteira e salteamos os champiñóns e salgamos (non boto allo para que o sabor dos mesmos sexa máis intenso). Cando se evapora o exceso de auga dos champiñóns, botamos o chorro de coñá e flamexamos (ollo cá campá extractora). Engadimos a tona e os graos de pementa verde. Mentres se fan os champiñóns, collemos o solombo e faremos medallóns de uns 2 ou 3 cms. Albardamos os medallóns có touciño e suxeitámolos con unha broqueta. Nunha tixola con un pouco de aceite, pasamos o solombo, si é de porco deberemos de ter coidado que se pase por dentro, máis coidar que quede zumarento. Empratamos e engadimos ó prebe o zume que soltou a car

Torradas de café con xeado de vainilla

Hoxe no xantar fixemos unhas torradas, penso que algo distintas, e para elo necesitamos, para unhas 12 ou 15 torradas, o seguinte: 15 rebandas de pan 250 ml de auga 1 bote pequeno de leite condensada 50 ml de anís ou 3 estrelas de anís 2 culleradas de café soluble 1 ovo Azucre, canela en po, aceite Xeado de vainilla Operaremos do seguinte xeito, queceremos lixeiramente a leite condensada disolta nun cuarto litro de auga, a o que lle engadiremos o café soluble e o anís ou as estrela (decántome por as estrelas) e deixaremos infusionar un pouco. Remollaremos as rebandas de pan na mistura obtida, pasámolas por ovo batido e fritímolas en abundante aceite. Escorregamos. Misturamos o azucre cá canela en po e pasamos as torradas por esta mistura. Raspamos con unha culler o xeado e facemos unha especie de labras (virutas), que poremos por riba dá torrada. Que aproveite.

De Triacastela a Sarria (falida)

Onte houbo etapa do Camiño de Santiago, máis eu non a puiden facer por indicación facultativa; diagnóstico "por culpa da pila", da pila de anos que un vai tendo. Agora en serio se todo vai ben fareina o vindeiro día 1 de maio, para non deixar unha das etapas sen facer e podervos mostrar as fotos da etapa dende a miña perspectiva.

"Susi" de cabaciña

O bo si breve dúas veces bo (Baltasar Gracián), si falamos de lecer o amigo Gracian está ben equivocado. O dito, rematou e xa estamos nela. Como todas as fins de semana a practicar na cociña, e esta fin de semana houbo: petisco, prato forte e sobremesa, iso é que viña con forzas. Pois ben si no resto da semana houbese tempo de algo máis, seredes os primeiros en sabelo. Imos o que nos interesa, que o é petisco co que empezamos (a maiores démonos un capricho e acompañámolo de uns camaróns e uns langostinos, tempos de cocción noutra entrada deste blog). Non bou a poñer cantidades, soamente ingredientes as cantidades vos veredes segundo os comensais. INGREDIENTES: Cabaciña Salmón ou troita afumada Queixo Philadelphia Trufa Con unha mandolina ou aparello que permita cortar fino, facemos unhas tiras a o longo da cabaciña. Dámoslle un branqueo en auga fervendo e deseguida pasámolas por auga moi fría, para parar a cocción e que conserve a súa bonita cor verde. Sobre un pano limpo co

Ossobuco con patacas

O prato forte que fixemos é de carne e de unha parte que como xa falei en outras ocasións gústame bastante; o xarrete pero cortado en rodelas co seu oso e todo. Imos a precisar: 4 pedazos de ossobuco 2 cenorias 2 patacas 2 cebolas 1 pemento verde 8 champiñóns bos 2 dentes de allo 1 vaso de viño tinto (si alguén ten reparos por a cor escura que colle, pode usar viño branco) Caldo de carne ou auga Aceite, sal e pementa Procedemos do seguinte xeito: Picamos as cebolas, as cenorias, o pemento e os dentes de allo. Sazonamos e póchamolo ben. Salpimentamos os pedazos de ossobuco, enfariñamos lixeiramente e dourámolo nunha cazola con aceite. Mentres lavamos e laminamos os champiñóns, engadímolos as verduras para que se misturen os sabores. De seguido engadimos os pedazos de carne, botamos o viño e deixamos reducir ata que se evapore o alcohol. Cubrímolo co caldo de carne ou auga e deixámolo facer a lume brando, ao menos durante hora e media (eu bótolle uns grans enteiros de pe

Torta de limón e queixo

E por fin chegamos a sobremesa, fixen unha torta moi sinxela e relativamente rápida de facer. Necesitei para un molde (eu uso de silicona) de 25 cms. o seguinte: 350 grs de requeixo   50 grs de manteiga 150 grs de galletas 200 grs de azucre 1 vaso de tona líquida 1/2 vaso de licor de limón 3 ovos 1 limón Partimos as galletas groseiramente e misturámolas con o licor de limón e ca manteiga derretida no microondas. Forramos o fondo do molde ca pasta resultante. Separamos as claras das xemas. Montamos ás claras a punto de neve. Batemos as xemas, e engadimos o requeixo, a tona, o azucre, o zume de medio limón e un pouco de reladura do mesmo. Engadimos ás claras a punto de neve e misturámolas de forma envolvente e con coidado, para non romper a escuma. Unha vez estea ven misturado vertémolo no molde, sobre a base de galletas, e poñémolo no forno prequecido a 180º entre 50-60 minutos. Servir cando estea frío.

De novo por aquí

Neste tempo de lecer estivemos, Margarita, Lola, Pepe e máis eu por Extremadura. Xa comentei en algunha entrada anterior, o grande descubrimento que foi para min esa terra. Cando teñades ocasión acudide por alí, non vos defraudará. Estivemos no Valle del Jerte, a idea era velo totalmente en flor, pero debido a este tempo tolo que houbo aínda non brotaran totalmente, pero a visita foi igualmente espectacular. Si vos acercades por alí, entre Cabezuela del Valle y Jerte está a Reserva Natural de la Garganta del Infierno. Levade un pouco de tempo e facede o percorrido que leva ata ela, son uns 3 quilómetros case que todos de subida, máis merece a pena facelos para chegar ata ela (se vos serve de algo os 3 de volta e todo baixada). Fixemos un percorrido polo Parque Natural del Monfragüe, a Margarita e máis eu é a cuarta vez que imos aló e de cada vez velo diferente. Percorremos Trujillo, Cáceres e Plasencia e a hora de xantar non lle puxemos peros a todo o que nos ofrecían e a cada cal