Ir á receita en castelán Tres das miñas debilidades xuntas nunha mesma receita. 150 grs de arroz (2 pax) 1 lombo de bacallau 400 grs de mexillóns 1/2 cebola 1/2 porro (da parte branca) 1 dente de allo 1 anaco de pemento vermello 1 vaso de viño branco Pementón agridoce de la Vera Sal Aceite de oliva Seguramente algún ingrediente non é moi ortodoxo, pero como me gustan eu os incorporo. Teño que dicir que o sabor que lle aporta o bacallau ó arroz é realmente sensacional. Poñemos a cocer os mexillóns. Eu non lles engado nada, deixo que se fagan na propia auga que soltan. Imos retirando segundo van abrindo, retiramos das cunchas e reservamos. Coamos a auga da cocción e reservamos para o arroz. Picamos a cebola, o porro, o dente de allo e o pemento vermello. Poñemos a facer, nunha cazola baixa con dúas culleradas de aceite, salgamos e deixamos facer a lume brando. Cando as verduras estean brandas, engadimos o arroz e remexemos para que se mesture cas verduras. En
Aprendemos xuntos.