Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

Canas de queixo e marmelo

Ir á receita en castelán

Hoxe imos a meternos con unha sobremesa que resulta moi sinxela de facer. É esta unha receita para todos aqueles que toman queixo con marmelo como sobremesa. Como noutras ocasións non vou a poñer medidas, pois estas van a ir en función do gusto de cada un; máis marmelo ou máis queixo. Entón para proceder a elo necesitamos:
Masa follada Queixo fresco Marmelo (de calidade) 1 ovo Azucre glas
Poñemos a prequecer o forno a 200º. Estiramos a masa follada e cortamos tiras de un cm. (aprox) de ancho. Imos envolvendo as tiras nos tubos de facer as canas, pintamos con ovo e introducimos no forno, nun papel de forno uns 20 ou 25 minutos. Deixamos arrefriar e sacamos dos tubos. Mentres se fan as canas chafamos o marmelo cun garfo ate conseguir un crema suave, que imos a mesturar co queixo fresco. Obteremos unha pasta homoxenea que gardaremos nunha manga pasteleira na neveira. Co fin de que non se nos humedeza o follado, encheremos as canas pouco antes de levar á mesa. Unha rica sobreme…

Pescada en prebe con ameixas e langostinos

Ir á entrada en castelán

Ola de novo despois das mini vacacións que pasamos nestes días. Hoxe poñémonos á faena con un prato de pescada. Peixe que temos que aproveitar, pois leva unha tempada que está a moi bo prezo. Con independencia do prezo, estamos falando de un peixe con unha moi boa textura e que se presta a fritilo, a cocelo con cachelos, a guisalo, a recheos, etc. Pois ben para comenzar esta receita imos a procurar o seguinte:
Unha pescada en filetes ou rodelas 1 cebola Langostinos 400 grs de ameixas 1/2 vaso de viño branco 1/2 vaso de caldo de pescado 2 dentes de allo 1 cullerada de fariña Pirixel 1 folla de loureiro Pementa branca, verde e negra en grao Sal
Comenzamos abrindo as ameixas ca folla de loureiro e un fondo de auga. Sacamos das conchas reservamos e escoamos o líquido da cocción. Podemos deixar algunhas nas conchas para decorar o prato. Mentres se fan as ameixas pelamos os langostinos e reservamos. Nun morteiro botamos unha pouca sal, as tres pementas e dúas culleradas de aceite. Mach…

Falsa ensalada Waldorf

Ir á receita en castelán

Imos a seguir cas ensaladas, pois xa empezan a apetecer. Neste caso falseamos unha das ensaladas máis famosa da historia: a ensalada Waldorf. Esta ensalada foi creada a finais do século XIX, no hotel de New York que da o nome ó prato, o Hotel Waldorf Astoria. Eu voume a permitir algunha licencia sobre a receita orixinal. Non vai a levar apio, e pola contra vou a introducir polo. Sei que os cociñeiros do Waldorf que a idearon, seguro que me perdoan. Pois ben para preparar esta refrescante ensalada, necesitaremos:
1/2 peituga de polo Uvas brancas sen pebidas Noces peladas 1 mazá Royal Gala Maionesa 1 Limón Follas grandes de leituga Sal e pementa   
Cocemos a peituga de polo en auga con sal, escoamos, deixamos arrefriar e cortámola en dados pequenos. Lavamos ben as uvas e cortámolas pola metade. Picamos groseiramente as noces peladas (reservamos algunha para adornar) e cortamos en láminas finas a mazá, conservándolle a pel. Nun bol poñemos o polo, as uvas, as noces, a mazá e sal…

Ensalada tibia de coello

Ir á receita en castelán
Viñeron uns días de primavera adiantados e xa me lancei as ensaladas. Neste caso é unha ensalada tibia, que vai moi ben en todo tempo. Nesta ensalada, ademais de unha variedade grande de vexetais, usaremos unha carne moi saudable e baixa en graxas. Xa temos falado dela noutras ocasións: trátase de carne de coello. Para poñernos mans á obra precisaremos para 4 pax:
500 grs de carne de coello 4 patacas boas 200 grs de cenorias baby 200 grs de xudías planas cocidas 100 grs de brotes de solla Brotes de ensalada 1 limón Ourego 2 ramas de romeiro 1 folla de loreiro Aceite e sal
Nunha cazola con auga poñemos o loureiro, o romeiro, sal e o coello a cocer ata que estea tenro. Ó mesmo tempo poñemos a cocer as patacas con pel. No tema das cenorias e as xudías, se usamos as envasadas aforramos un montón de tempo, e as hai de moi boa calidade. Se collemos esta opción, sacámolas dos botes e eu pásoas por auga para sacarlle o sabor a envasado. Poñemos a escoar. No momento que temos o coello a…