Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

PECHADO POR LECER

Boa semana permaneceremos pechados por lecer.
Que o pasedes ben.

Amorodos bañados con chocolate por riba de madalena

Como sodes moi astutos, seguro que observades que no que menos me gusta traballar en nas sobremesas, pois quen non quere caldo sete cuncas. Esta de hoxe é a segunda en moi pouco tempo.
Vamos a por elo.
Necesitaremos:
8 madalenas
250 grs. de chocolate foundant (eu utilizo sempre Nestle postres)
125 grs. de manteiga
medio vasiño de auga
8 amorodos (fresas) de bo ver
Tona montada a o gusto

Derreter a baixa temperatura ou a baño maría o chocolate con a manteiga e a auga.
Ensartar en vertical cada fresa con un pau de bambú, procurando que saia por debaixo, mergullar no chocolate líquido, escorregar e pinchar nunha pataca ata que sequen un pouco e non rezumen.
Quitarlle as madalenas o bonete e cortar o resto horizontalmente, cubrir a base con a tona, tapar con o outro disco da madalena botar máis tona e sen quitar a pau poñer un amorodo sobre cada unha delas.
Sinxelo, rápido e saboroso, que máis queredes.
No tempo dos figos, podédelo facer con eles pelados en lugar dos amorodos.

Tiramisú de fresas

A sobremesa que fixen é unha das moitas versión que hai do famoso Tiramisú italiano.
Eu usei os seguintes ingredientes:

500 grs de Mascarpone
6 ovos
400 grs de fresas
120 grs de azucre
1 vasiño de viño moscatel
Biscoitos secos


Antes de indicar os pasos da receita, farei unha consideración. Podedes preparar o tiramisú como se fose unha torta a o modo tradicional ou ven presentalo en copas ou vasos individuais. Eu optei por esta segunda opción, penso que é máis atractiva e facilita o servizo. Con as cantidades indicadas da para un montón de copas.
Faremos do seguinte modo: lavaremos ben as fresas (supoño que xa sabedes que hai que lavalas co pedúnculo sen arrincar, para evitar que lle entre auga) e cortaremos en lamias. Porémolas nun recipiente axeitado e engadiremos a metade do azucre e a copiña de moscatel. Eu deixeinas da noite anterior neste prebe.
Separamos as xemas das claras e montamos estas últimas a punto de neve.
Nun cunco batemos o queixo con as xemas e engadimos o resto do azucre, tr…

Niños crocantes de tallarines, ovo e crema de curry

Xa volvo a andar por aquí, hoxe fixen un prato de pasta e unha sobremesa
Para o prato de pasta que nos ocupa imos a necesitar os seguintes ingredientes:

300 grs. de niños
100 grs de pan relado
1 cullerada de baias (pementas variadas)
4 ovos frescos
100 ml. de caldo de polo
100 ml. de tona líquida espesa
1 chalota
Aceite de oliva
1/2 cullerada de curry

Aqueceremos dous ou tres litros de auga a que engadiremos sal e un pouco de aceite, cando comece a ferver coceremos os niños, seguiremos as instrucións do fabricante pero débennos de quedar a o dente.
Cando estean, escorregalos en auga fría e deixar secar sobre un pano limpo.
Para facer a crema picaremos a chalota e abrandala nun pouco de aceite sen que chegue a coller cor. Engadir o caldo e a tona, deixar reducir ata obter a consistencia desexada, nese momento engadir o curry.
Poñer un cazo pequeno a o lume con un pouco de aceite, rebozar os niños e fritir de un en un (e case que un visto e non visto, tede en conta que o pan relado queimase deseguid…

Robaliza estofada

Hoxe temos unha de peixe. Vai a ser con robaliza un dos peixes que máis me gusta. A pesares das contradicións que pode ter a acuicultura, podemos dispoñer dela a un prezo moi alcanzable. Evidentemente non é o mesmo que a robaliza salvaxe, pero fai ben a súa función.
Imos a necesitar os seguintes ingredientes:
Unha robaliza de 1,500 a 1,700 ou dúas xeitosas
Olivas negras
1 cebola
1 pemento vermello
1 pemento verde
1 tomate maduro
2 dentes de allo
1 rama pequena de tomiño
1 vaso de viño branco
3 culleradas de prebe de tomate
Aceite de oliva, sal e pementa


Procederemos do seguinte xeito:
Picamos en xuliana fina a cebola, lavamos e cortamos os pementos.
Nunha tixola con un pouco de aceite, sofritimos a cebola os pementos e os dentes de allo sen pelar.
Pelamos en cadrados o tomate e engadimos a o sofrito xunto con as olivas e a rama de tomiño. Deixámolo facer e engadimos o prebe de tomate.
Incorporamos o viño e deixamos evaporar o exceso de alcohol.
Poñemos a robaliza cortada en rodelas xenerosas, tapamos e…

Polbo encebolado con patacas

De segundo prato fixen un polbo encebolado, moi sinxelo si xa mercamos o polbo cocido nun dos moitos postos de venda que hai polas rúas de Ourense os domingos e festivos.
Si decidides cocelo vos, si é fresco hai que mazalo ou ben conxelalo. Unha vez conxelado antes de facelo ten que desconxelar, non esquezades de sacarlle o pico. Poñer a quecer abundante auga, cando ferva hai que coller o polbo pola cabeza e somerxer por tres veces na auga fervendo. O tempo de cocedura vai entre os 25 ou 30 minutos, pero a mellor medida é ir pinchando con un garfo. Deixamos repousar na auga de fervura.
Se compramos o polbo xa cocido, pediremos un pouco de auga da cocedura.
Cocemos unhas patacas na auga de cocer o polbo. Cortamos a cebola en xuliana, refogámola, cando estea feita engadimos o polbo e pemento moido. Engadimos as patacas e remexemos para que as patacas se empapen do sabor. 

Tostas con queixo

Como xa vos contei na entrada de abaixo onte houbo andaina e as gañas de cociñar eran poucas. Entón fixen un xantar con pouco traballo.
Fixen unhas tostas nas que o elemento común entre elas era o queixo.
Tosta de xamón con rúcula e queixo.
Unhas rebandas de un bo pan do país
Unhas lascas de xamón
Queixo de cabra de rulo
Unhas follas de rúcula
Unhas olivas troceadas
Ravos (rabanitos)
Aceite de oliva virxe (variedade hojiblanca)
Sinxelo, poñemos as rebandas do pan no forno, a miña medida son 6 minutos a 200º arrincando de forno frío, quero que quede crocante e non torrado.
Poñemos as lascas de xamón, e xa teremos mesturado co aceite de oliva virxe o queixo en anacos, a rúcula, as olivas e os ravos cortados en rodelas, que botaremos por riba do xamón.
Tosta de queixo brie con pistachos.
Unhas rebandas de un bo pan do país
Queixo brie
Pistachos
Facemos as rebandas da mesma maneira, untamos o queixo brie e botamos os pistachos por riba. Cando temos o pan co queixo untado, podemos darlle un pequeno golp…

De O Cebreiro a Triacastela

PREMER PARA VER AS FOTOS Onte fixemos a etapa do Camiño que nos levou dende O Cebreiro ata Triacastela. A neve que nos despediu de O Cebreiro o dia que chegamos alí, resistíase a irse, aínda estaba esperándonos para darnos a sinal de saída.
Foi un día máis frío que o anterior, a pesar de que as predicións eran mellores.
O percorrido era de un perfil bastante bo, salvando a subida a o Alto de Poio. E corta pero o cambio de altitude que hai en uns poucos metros é realmente terrible.
A partires de ese punto é todo baixada, suave ata Biduedo, dende aquí ata Triacastela son 6 quilómetros de baixada pronunciada e por un camiño que o rexeitarían ata as cabras e que en boa parte dela acompañounos unha neve que entraba racheada do norte. Si a promoción que queren facer do Camiño é o que vin onte, que pobreza de miras. A verdade é que non sei de que me estraño, despois de escoitar o de Desván de los Monjes, entendo que a capacidade dos que lle corresponde a promoción é moi limitada.

Carne o caldeiro

Antes de onte fixen este tradicional e exquisito prato da nosa cociña.
Así como é de exquisito é sinxelo a máis non poder, faise el só, case que non se lle presta nin atención.
Como xa bos dixen en algunha ocasión, por motivos de horario, temos que deixar o xantar feito e este é un de eses pratos que se prestan para ese negocio.
Para este prato imos a necesitar o seguinte:

Carne da falda
Patacas
Unto
Pemento moido de la Vera (uso unha mestura de doce e picante)
Aceite de oliva virxe (a variedade que a min máis me gusta é a de hojiblanca)

E agora a cociña que se fai soa:
Cortamos a carne da falda en postas, poñemos nunha tarteira e cubrimos de auga, botámoslle un anaco de unto, o gran segredo da carne o caldeiro e salamos.
Deixamos que se vaia facendo e desescumamos cando lle faga falla. Lévalle o seu tempo (segundo a calidade da carne unha hora e media ou dúas) a hora xa a podedes ir pinchando a ver como está. Cando vexades que xa falta pouco, botades as patacas enteiras para que se fagan no cal…

De paseo polo Miño e o Loña

Hoxe por fin veu un día realmente fermoso, con un ceo de unha cor azul que había tempo non eramos quen de ver por estes lares.
Despois de xantar, decidín ir a dar un paseo pola beira do noso pai Miño, un paseo curto.
Fun desde a pasarela peonil subindo o Miño ata chegar a presa de Velle, despois de cruzala e chegar a pasarela que cruza a desembocadura do Loña, non a crucei, seguín pola beira do Loña, pois xa facía algún tempo que non pasaba por alí; e de verdade que había tempo. É unha zona un pouco máis sombriza, pero case que se agradecía. Crucei pola ponte a marxe esquerda do río e retornei o Miño. Case sen darme conta xa estaba de novo na casa.


Timbal de patacas panadeira e piquillos caramelizados con ovo de codorniz a o aceite de trufa negra

A que vos deixei abraiados con nome de este prato. Como diría o outro, tanta literatura para uns ovos fritidos con patacas e pementos. Querid@s hai que botar man do "marquetín" que é o que vende .
En fin non me vou a perder polos cerros de Úbeda e imos a o grao.
Necesitamos:
Patacas
Cebola
Allo
Pementos do Piquillo
Azucre
Ovos de codorniz
Trufa
E faremos:
Facemos unhas patacas panadeira, como para tortilla, con cebola e allo.
A parte facemos os piquillos con allos e aceite ata que estean ben feitos, no último momento engadimos un pouco de azucre e mesturamos ben.
Poñemos no prato de servizo un aro de empratar e facemos un fondo con as patacas, botámoslle por riba pementos e rematamos con un ovo de codorniz fritido.
Salseamos con unha mestura de aceite e trufa negra raiada (veredes o sabor desta mestura).
Non necesita máis aditamentos, fácil saboroso e con unha presentación bastante aceptable.

Mini canelóns de ervellas con muselina de allo

Esta receita é un agradable entrante para unha comida, ademais é unha forma de facer que os máis cativos tomen as ervellas e se vaian facendo a o seu sabor, todos sabemos o reticentes que son a todo o que vexan verde e vexetal.
Imos a necesitar os seguintes ingredientes:
16 placas para canelóns
250 grs. de ervellas
2 ovos cocidos
1 lata de bonito en aceite
6 anchoas
1 lata pequena de pemento morrón
brotes de xerminados
Para a muselina de allo
1 dente de allo
200 ml de aceite
100 ml de leite
1 clara de ovo a punto de neve
sal
Vamos a facer da seguinte maneira: Cocemos as placas de pasta (segundo marque o fabricante), arrefriámolas e poñémolas a escorregar nun pano limpo.
Facemos a salsa poñendo, no vaso da batedora, o dente do allo despois de que lle sacarmos o xermolo de dentro. Engadimos un pouco de sal, a leite, o aceite e batemos ata obter unha maionesa (máis ben lactonesa) espesa.
Fervemos as ervellas, escorregamos e esmagámolas ben con un garfo, xunto cos ovos cocidos e o bonito. Picar ben o peme…

Follados de endivias, queixo e xamón

Ben, como o prometido é débeda e onte non puxen a segunda das dúas receitas que dixen que ía a por, fago agora.
Imos a necesitar dos seguintes ingredientes:
4 endivias
4 lonchas de de queixo gruyere
4 lonchas finas de xamón cocido
1 masa de follado refrixerado de La Cocinera
1 ovo


Faremos do seguinte xeito: Estiramos a masa de follado e cortámola en catro partes iguais.
Limpamos as endivias, partímolas polo medio e colocamos no centro unha loncha de queixo.
Envolvemos cada unha de elas con unha loncha de xamón e con unha parte de follado.
Uniremos ben os bordes, pintamos con ovo batido e cocemos a forno medio (previamente quentado) ata que estean dourados, de 20 a 25 minutos.
Presentación a o gosto de cociñeiro.
Xa vedes fácil, rápido e saboroso (o gusto da endivia e moi particular).

Rolos de tortilla con berenxenas e picadillo de xamón

Por aquí andamos de novo hoxe vou a poñer dúas receitas que van de enroladas. Nesta imos a xogar con ovos, verduras e carne, para facela imos a necesitar o seguinte:
6 ovos
2 berenxenas grandes
2 lonchas de xamón salgado
1 cebola
1/2 pemento verde
4 culleradas de nata para cociñar
Fariña, aceite, sal e pementa


Faremos do seguinte modo; batemos os ovos, engadimos a nata e unha cullerada de fariña, sazonamos con sal e pementa e votámolos nunha tixola grande con un pouco de aceite quente. Callamos a tortilla fina, retirámola do lume e reservámola.
Cortamos as berenxenas en láminas finas a o longo, sazonámolas con sal e deixámolas media hora para sacarlle a acidez.
Logo da media hora, lavámolas, secámolas e asámolas no forno forte con un pouco de aceite por riba durante 5 minutos ata que estean lixeiramente douradas.
Refogamos nunha tixola con un pouco de aceite, a cebola picada ata que estea lixeiramente dourada, engadimos o pemento verde picado e refogamos 5 minutos máis. engadimos o xamón cortado…

Costela ibérica adobada en prebe para vieiras

O outro día revolvendo no blog de Nenalinda vin esta receita que é un luxo para a comida de diario. Por un estricto motivo de xornada laboral, temos que deixar feito o xantar de un día para outro, e esta receita non so está boa de un día para outro, se non que eu penso que a oxidacion que se produce no tempo, fai que a mestura dos sabores gañe en intensidade.Cóntovos de seguido de que vai o prato.

Ingredentes:
Costela ibérica adobada
Viño branco
Aceite
Para o prebe:
1 pemento vermello
1 pemento verde
5 lonxas de xamón serrano
1 dente de allo
1 cebola ou 2 ceboletas
Prebe de tomate
Viño branco
Sal e pementa


Picamos os pementos a cebola e os allos; poñémolos a pochar en aceite. Salpimentamos.
Engadimos o xamón, tamén picado e unha vez dourado engadimos un golpe de viño branco, deixamos evaporar o alcohol e botamos o prebe de tomate (unhas 8 culleradas ben colmadas) deixamos ferver 10  minutos para que se mesturen ben os sabores. Reservamos.
Neste punto o prebe pode tomar dos camiños: un deixámola tal c…