Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2015

Albondigón de atún roxo con prebe de cebola

Ir á receita en castelán 400 grs de atún roxo 2 ovos Ovos de paspallás 1 ceboleta + 1 cebola Miga de pan Leite Trufa Pirixel Viño oloroso Fariña Pan relado Aceite e sal Esta receita vinlla facer a Ángel León xa fai un montón de anos e soamente a fixera nunha ocasión. Case dende que me iniciei no blog, tiven gañas de poñela e por fin lle chegou o seu tempo. Unhas precisións: eu non usei o viño oloroso, pero é ingrediente da receita orixinal e para o recheo usei xemas de ovos de paspallás, pois fixen os albondigóns algo máis pequenos. Feitas estas precisións, imos a proceder do seguinte xeito: Poñemos a miga de pan a remollo na leite. Picamos o atún fino e con coitelo Nun bol poñemos o atún, a miga de pan, o pirixel picado, un ovo, a ceboleta relada e o viño oloroso (opcional). Mesturamos ben cas mans, tapamos con film e deixamos na neveira unhas 12 horas. Poñemos as xemas dos ovos de paspallás, de forma individual, en paquetiños feitos con film e l

Sandwich de Lumbrigante

Ir á receita en castelán 1 lumbrigante mediano 1 penca de apio 3 follas de endivia Pirixel Pan Para o prebe 2 culleradas pequenas de mostaza 1 xema de ovo 1 chorro de coñac 1/2 limón 1 cullerada de ketchup Aceite, sal e pementa Ola de novo, imos a seguir con estas receitas que tan ben nos van a ir nestes días que aínda quedan do verán. Esta preparación vai a servir para un entrante, para unha merenda ou como xa vimos dicindo, para esa cea fría no xardín cos amigos. Non vos recomendo o pan a usar, eu usei un bo pan de rosca que lle foi de marabilla, eso si que sexa brando. Podedes presentalo soamente ca base o con base e tapa. Poñemos a cocer o lumbrigante nunha cazola con auga e sal (60 grs por litro de auga). Como entendo que o lumbrigante está vivo, o poñemos na cazola ca auga fría e contamos uns 20 minutos dende que rompa o fervor. Deixamos arrefriar. Outra opción é mercalo cocido e conxelado. Lavamos as follas de endivia, cortamos en triángulo a pa

Chacina "A feira"

Ir á entrada en castelán Chacina Pementon agridoce de La Vera La Chinata Aceite de oliva Virxe Extra La chinata Unha das opcións que máis pide o público, cando de polbo se trata, é a presentación "A feira". Posiblemente se trata da preparación máis sinxela, pero tamén é seguro que se trata da máis saborosa. Pois ben, facéndolle un chisco, aquí imos a facer Cecina "A feira". Non pode ser máis sinxelo e de preparación case inmediata, que nos vai a dar moi bo resultado, nestas ceas frías nas que non nos queremos complicar a vida. O único segredo que ten o prato, son os produtos de boa calidade: unha boa chacina de León e uns bos "axudantes" que nos ofrece La Chinata. Pedimos que nos corten a chacina fina. Se a gardamos na neveira ata o uso, ter a precaución de sacala un tempo antes para que atempe. Poñemos a chacina no prato de servizo. Esparexemos o pementón pola chacina e regamos co aceite de oliva. Xa temos

Fiambre de polo con noces

Ir á receita en castelán 500 grs de peituga de polo picada 200 de salchicha fresca branca de cerdo 2 ovos 50 grs de xamón serrano 7 allos tenros Media ceboleta Medio pemento roxo Noces Pan relado  Unha vez pasado o mes de xullo, imos a ver se empezamos a coller un pouco de ritmo neste blog de gastronomía. Imos a facer unha preparación moi fácil e que, ademais, nos vai a ir moi ben para este tempo de verán. Unha receita que podemos deixar feita con adianto, que lle vai a gustar os cativos, para unha merenda, para unha cena, etc. Moi versátil. Engadir que se pode cambiar a carne de polo por carne de pavo, isto o voso gusto. Picamos os allos tenros, a ceboleta e o pemento roxo. Deixamos facer nunha tixola a lume brando e cando, as verduras estean no seu punto, retiramos e escoamos ben do aceite. Sacamos a carne das salchichas da pel e desmiuzando cas maos. Cortamos o xamón  en tiras finas. Nun bol mesturamos a carne de polo, a das salchichas e o xam