Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

Raviolis os catro queixos con prebe boloñesa e champiñóns

Ir á receita en castelán Levo un pouco de tempo medio desconectado, pero aínda ando por aquí. Non me esquezo da cociña nin de vos, pero é que o tremendo calor que leva feito, como que me aparta do calor do forno e a cociña. Seguindo un pouco na liña da derradeira receita, hoxe traemos outro prato de moi fácil execución e no que aproveitaremos para cociñar preparados que nos ofrece o mercado. Iso si, procurade que sexan de calidade. Entón para iste rápido e fácil prato procuraremos: 1 bandexa de raviolis os catro queixos 1 bote de prebe boloñesa 200 grs de champiñóns 1 dente de allo Pirixel, aceite e sal Cocemos a pasta seguindo as pautas do fabricante, pero como consello a auga non debe ferver forte, para evitar que os raviolis se rompan. Cortamos os champiñóns en láminas e salteámolos nunha tixola cun pouco aceite, os poucos minutos engadimos o allo e o pirixel picados. Refogamos un par de minutos. Engadimos o prebe boloñesa, os champiñóns e deixamos facer uns 10 m

Berenxenas recheas de bonito e gambas

Ir á receita en castelán Cando chegamos a estes calores, parece que apetece menos prender o lume para facer pratos un pouco enredados. Por iso imos con cousas de pouco tempo na cociña ou incluso ímonos meter con pratos para as ceas, que faremos sen usar o lume. Pois ben, facendo caso a estas premisas hoxe imos a cociñar unhas berenxenas recheas, fácil, relativamente rápido e saboroso. Unha pega ten lume e forno. Pois para 4 persoas precisaremos: 4 berenxenas 3 latas de bonito 200 grs de colas de gambas 500 grs de tomate 1 pemento vermello 1 cebola Queixo parmesano relado Procedemos a lavar ben as berenxenas, partímolas ó medio e cocémolas. Cando estean brandas (pero non demasiado para que non se rompan) escóanse ben e ca axuda de unha culler francesa, sacamos a polpa e reservámola. Nunha tixola con aceite de oliva, fritimos a cebola finamente picada e deixamos que tome cor. Engadimos o pemento, tamén picado fino, remexemos e deixamos hacer uns minutos. A continuación