Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

Espaguetis con albóndegas (Receitas de cine)

Ir á receita en castelán

Seguindo con receitas relacionadas co cine, por mor do Festival de cine OUFF que se está a celebrar en Ourense, hoxe imos a irnos ó mundo infantil con unha película de debuxos animados. Todo un clásico: La dama y el Vagabundo.
Si clásica é a película, clásica é a receita, que aparece na tenra escena na que cada can agarra unha punta do mesmo espagueti e rematan cun beso entre eles.  
É unha película infantil e a receita é das que máis lle gustan os cativos da casa.
Para prepararlles esta receita os cativos da casa, imos a precisar:

320 grs de espaguetis
350 grs de carne picada
3 tomates
2 ceboletas pequenas
2 dentes de allo
Pirixel picado
1 ovo
Miga de pan
Leite
Aceite de oliva
Sal e pementa

Comenzamos pelando os tomates e cortando en anacos pequenos. Reservamos
Picamos as ceboletas e un dente de allo. Nunha cazola sofritimos as ceboletas, cando estas xa estean engadimos o allo e os tomates. Salpimentamos e incorporamos o pirixel picado. Deixamos facer o prebe uns 10 minuto…

Soufflé de queixo (Receitas de película)

Ir á receita en castelán

Nestes días estase a celebrar en Ourense o Festival de cine OUFF. Ó mesmo tempo en distintos restaurantes da cidade, faise unha oferta gastronómica para comer de cine.
Pois ben esta receita, moi concorrida pola rede, é a que Audrey Hepburn aprende a facer na famosa escola de cociña Le Cordon Bleu. A película é do xenial Bily Wilder e a actriz ten coma compañeiros de rodaxe a dous "principiantes", Humphrey Bogart e Wiliam Holden. Esta receita é a miña pequena achega a este Comer de cine do Festival de Ourense OUFF. Para esta coñecida receita necesitaremos:
300 / 400 ml de leite 40 grs de manteiga 40 grs de fariña 100 grs de emmental relado 3 xemas de ovo 5 claras de ovo Pan relado Pementa branca e sal
Relamos o queixo e reservamos. Nunha cazola poñemos a fundir a manteiga á que engadiremos a fariña para facer un roux. Deixamos facer un par de minutos. Imos engadindo a leite os poucos e remexendo cunhas varillas até conseguir unha bechamel sen grumos e no…

Lingotes e bizcoitiños de castaña

Ir á receita en castelán


600 Grs. de castañas crúas e peladas1/2 litro de leite150 Grs. de azucre50 Grs. de manteiga4 Ovos1 Copiña de ron1 Cullerada de cacao en po1 Pizca de sal1 Cullerada de azucre glasA reladura dun limón

Novembro, mes de Santos e castañas, mes de morogos nos érvedos, mes de fogueiras e fume en Ourense, mes de castañas e chourizos asados, mes no que o viño tinto novo empeza a manchar as camisas, mes por encima de todo, no que o verao se despide e da a entrada ó inverno nesta ancestral festa dos magostos en Ourense.
Esta festa trae un montón de recordos do tempo de mocidade, no meu caso ai tres días, de subida ó monte, de ver quen prendía o lume máis grande, de ver que fogueira facía máis fume, de ver aquel Ourense rodeado de fume (purificador non de incendios), e contra a noite, baixada de todos os mozos e mozas cara a Alameda do Cruceiro, cas caras tiznadas e as roupas cheirando a fume, onde a festa seguía o redor dunha enorme fogueira. Soamente son recordos, hoxe tod…

Tosta III Xuntanza Bloggers Galicia

Ir á receita en castelán

Xa sabedes que o día 19 do pasado mes de outubro, celebramos en Maceda (Ourense) e no Castelo de Maceda, a III Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia.
Pois ben, esta tosta pretende ser un agradecemento a Coren, Aceites Abril e Ponte da Boga colaboradores cos seus produtos nesta Xuntanza. Agradecemento a Carlos Parra polo seu ben facer ó fronte da cociña do Castelo de Maceda e por todas as facilidades que nos deu para celebrar esta Xuntanza. E por suposto de agradecemento a todos os bloggers participantes, que sen a súa presenza de nada houberan valido os esforzos de colaboradores, cociñeiro e organizadores. É unha tosta moi sinxela, pero chea de matices e sabores e necesitaremos:
Xamón Selecta Coren Aceite de oliva virxe extra Abril Boletus edulis
Romeiro Sal Maldón Pan de Cea Maridaxe con Mencía Ponte da Boga
Coma primeiro paso procedemos a limpar ben os boletus e cortamos en anacos. Poñemos o aceite de oliva virxe extra Abril a quecer sen que pase dos 5…

Espetos de langostinos

Ir á receita en castelán

Seguindo a iniciativa de Helena del Valle, do blog Mi puchero, comparto esta receita con #recetasSolidariasParaNavidad.
Hoxe vimos cun petisco moi sinxelo e de rápida preparación.
Imos a usar como único produto sólido o langostino. Produto este que socializou o uso do marisco nas nosas casas, polo seu custo e polo seu fácil manexo. É corrente velo como produto secundario en arroces, ensaladas, pratos de pasta, con peixes, etc. Pero nesta receita é o produto principal.
Mentres poñedes a mesa o petisco faise (se usades a opción do forno).
Pois postos no traballo necesitaremos:

Langostinos crus
Pementón agridoce de La Vera
Sal Maldón en escamas
Aceite de oliva virxe extra

Pelamos os langostinos (xa sabedes que as cabezas e as peladuras, podémolas conxelar para outra preparación) e ensartámolos no espeto.
A partir de este momento temos dúas opcións: facelas á prancha ou facelas no forno.
Se escollemos a primeira opción farémolas nunha prancha polos dous lados.
Vantaxe: bonita …