Ir al contenido principal

Potaxe de fabas e col o viño tinto

Que vaia por diante que ha fabada tradicional está moi presente no meu receitario de cabeceira, máis de cando en vez temos que combinar con outros elementos.
Para facer esta potaxe, imos a procurar os seguintes ingredientes:

300 grs de fabas pintas
1 vaso de viño tinto (200 ml)
200 grs de tomate frito Solís
100 grs de touciño entrefebrado
1/2 col
1 caciño de caldo de verduras Knorr
1 cenaoria
1 porro
2 dentes de allo
1 folla de loureiro
aceite e sal


Nunha cazola con un pouco de aceite, refogamos a cenaoria, o porro e un dente de allo picados. Engadimos o touciño tallado e cando estea dourado votamos o tomate frito e incorporamos as fabas, o caciño de Knorr, o loureiro e o viño. Cubrímolo con auga fría.
Cocemos o conxunto a lume suave durante 2 horas (ver o tempo de cocción das fabas).
Mentres cocen as fabas, cortamos a col en tiras e cocémola en auga salgada, escorregamos ben. Douramos o outro dente de allo e refogamos a col reservada.
Engadimos a col a o potaxe e rectificamos de sal se o necesita.
Nin que dicir ten que por mor da oxidación, está moito mellor de un día para outro.