Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2011

Guarnición de patacas e champiñóns o romeiro

O outro día preparei un xarrete guisado e pensei que poñerlle de guarnición, entón acordeime dunha que vira hai algún tempo e que queda moi boa. Evidentemente as proporcións dos ingredientes vai en función do número de comensais. Para 4 persoas necesitaremos máis ou menos o seguinte: 4 ou 5 patacas medianas 10 champiñóns 3 dentes de allo Romeiro Sal e aceite Cortamos as patacas en cadrados e facemos en aceite brando. Engadimos as follas dunha rama de romeiro. Deixamos facer devagar. Máis ou menos cara a metade da preparación votamos os champiñóns cortados o medio. Aconsello non pasar os champiñóns por auga, e mellor limpalos con papel húmido, xa bastante auga teñen eles coma para darlle máis. Engadimos tamén os dentes de allo machacados e con pel. Deixamos facer ata que as patacas estean douradas. É unha guarnición moi recorrente e que combina moi ben cas carnes.

Ensalada de pasta e algo máis

O outro día revolvendo pola rede, topei unha revista que ten unha chea de receitas moi apetecibles (Whole kitchen). Andei refollando e quedei con algunhas que irei facendo neste verán. É xa que falamos de verán esta é unha que vai que nin pintada para o tempo. Atendendo o voso bo facer, e como vou a facer en todas as ensaladas soamente darei ingredientes, as cantidades poñédelas vos según o gusto. Imos a procurar: Pasta de cores Ovos cocidos Tomate Ventrescas de bonito Champiñóns Olivas negras sen oso Queixo Mozarella Sal, aceite, ourego e vinagre de Módena Cocemos a pasta e unha vez feita agregamos o ourego e aceite para que nos se seque e macere. Deixamos arrefriar. Os champiñóns cortámolos en láminas finas e maceramos en aceite co ourego, sal e unhas gotas de vinagre. Cortamos os ovos en anacos grandes, as ventrescas en bos pedazos, o tomate en rodelas e o Mozarella en láminas. Chegado este momento podemos mesturar todo, ou ben poñelo por elemento para que cada q

Empanada de xoubas (Pepe Solla)

Imos con outra receita de Pepe Solla, neste caso unha empanada. A foto que ilustra a receita non esta feita ca masa de millo, máis eu indico os ingredientes e a preparación que describe Pepe Solla. Soamente a efectos de tecnoloxía. Estou facendo esta entrada dende un IPad que me regalaron nestes días pasados. Hai que estar cas novas tecnoloxías. Ben vamos co que nos interesa. Necesitaremos: PARA O RECHEO 1 quilo de xoubas 1 cebola 1/2 porro 1 pemento vermello 1 dente de allo Aceite e pementón PARA A MASA 400 grs de. fariña de millo 200 grs de fariña triga 2 ovos 100 grs de manteiga 5 cl de aceite Un chorriño viño branco 15 cl de auga Sal Para o recheo limpamos e picamos as verduras. Refogamos moi lentamente no aceite. Cando as verduras estean tenras, engadimos o pimentón e remexemos. Poñemos a punto de sal e reservamos. Limpamos as xoubas, quitamos as cabezas, as tripas e as espiñas. Abrímolas en libro. Reservar. Para a masa mestúranse todos os ingredientes e amasamos ata obter unha m

Tosta de piquillo con carpaccio de champiñón e xamón ibérico

Ir a receita en castelán Se recordas Conchi, hai unhas semanas preguntaba por o tema dos champiñóns crus. Pois ben esta tosta lévaos e nunha ensalada de pasta que porei proximamente tamén. Para esta tosta necesitaremos: Pan Pementos do Piquillo Champiñóns Xamón ibérico ou paleta ibérica Ourego Aceite, vinagre e sal O primeiro paso é laminar, o máis fino posible, os champiñóns e poñelos a marinar con aceite, ourego, sal e unhas gotas de vinagre. Estaría ben deixalos da mañá para a noite. Este é o único paso "complicado". Poñemos as rebandas de pan no forno uns 6 minutos a 200 grados. Sobre a rebanda de pan poñemos un pemento do Piquillo, os champiñóns marinados e o xamón, regamos con un pouco do marinado dos champiñóns. Unha mestura de sabores moi boa. Para os que non tomarades os champiñóns deste xeito vaivos a sorprender.

Arroz con ameixas e gambas

A pesares de estar de vacacións, algo sinxelo pódese facer. O outro día dando unha volta polo mercado, vin unha ameixa que quitaba o sentido. Entón dixen, ¿e si fago un arroz moi simple cas ameixas?, e mans a obra. Fixen un arroz para dous e non anotei as cantidades, máis coma sodes expert@s cociñeir@s, vos mesmos sabedes de sobra as cantidades a facer segundo os comensais. Eu usei Arroz bomba Ameixas Gambas Viño branco Caldo de peixe (usei de cartón rebaixado con auga) Media cebola Pirixel Sal A pesares que a placeira me dixo que non facía falta poñelas en auga con sal para que soltasen area, eu fíxeno e algo soltaron. É unha pena que un pouco de area estrague un bo prato. Piquei a cebola ben fina, paseina nun pouco de aceite, engadín o arroz e refoguei todo o conxunto. Botei un pouco de viño e deixei que se evaporara o alcohol. Engadín o caldo de peixe, en cantidade suficiente para que quedase algo caldoso (ter en conta que as ameixas soltan a súa propia auga). Cand

Benditas vacacións

Xa vedes que levo un tempo sen actividade, pois a razón é que estou de vacacións. Si vira ou fixera algo que merecera a pena, xa volo comunicarei. ¿Douvos un pouco de envexa?  Evidentemente o da táboa nos son eu. E a que o pasa coma unha verdadeira anana (que o é) é a nosa cadela.

De Lires a Fisterra. ¡POR FIN O QM 0!

Onte chegamos a Fisterra. Por fin despois de ano e medio e uns douscentos e pico quilómetros nos pes, asomamos o fin da terra. Sen entrar a valorar os motivos de cada quen, é unha gran experiencia. Quédame pendente facer as etapas seguidas. Xa veremos cando. Recordo con unha especial emoción a subida a O Cebreiro. O día foi perfecto, a paisaxe espectacular e a medida que iamos subindo a neve facíase máis presente, para rematar de recibirnos un Cebreiro totalmente nevado. Falas con moita xente, cada quen cóntache a súa vivencia e a súa historia. É curioso pero o que menos importa é o idioma. Recordo parar nun cruceiro a fotografalo e chegou un alemán en bicicleta. Nos sei como pero falamos dos cravos de Cristo, da beleza do cruceiro, claro cada un no seu idioma. Coido que estábamos de acordo, non é broma pero entendémonos. De cando en vez ía só, e eran dos momentos máis complexos, pois verdadeiramente non ía só, ía conmigo mesmo, e é duro. Tes moito tempo para pensar. Noutros moment

Mar e montaña de coello e vieira

Da a impresión que esta semana as receitas van en consonancia con tempo de vacacións que se aveciña: ¿mar ou montaña? Pois para que haxa para todos, mar e montaña. Para a receita que nos ocupa imos a procurar: 1 coello 250 grs de vieiras 150 grs de cenoria 100 grs de cebola 50 grs de allo 1 folla de loureiro Un chisco de romeiro 1 litro de auga Un pouco de xenxibre 6 follas de xelatina Maizena expres Unha copa de viño branco Sal e pementa Pois ben, cortamos en anacos o coello e marcámolo nunha tixola co aceite e un pouco de xenxibre. Limpamos as verduras e cortamos en xuliana, douramos e engadimos o coello. Engadimos o viño branco, deixamos evaporar o alcohol, as especias e a auga. Deixamos cocer ata que estea tenro. Podemos acelerar o proceso se usamos a olla expres. Cando o coello está, sacamos da olla, desosamos e picamos a carne. Poñemos a carne nun cazo e botamos a salsa (que previamente xa temos pasada por un chino) necesaria para que cubra a carne e enga

Gambas con fiúncho e tartar de tomate

Aínda que hoxe baixaron algo as temperaturas, seguimos con algo fresco. Que sirva de ensaio para tempos de calor. Neste prato imos a mesturar unha legume con unha froita de verán e con un toque de mar (esta semana deume por mesturar mar e montaña, xa veredes). As medidas que vou a dar soamente serven de referencia, para 4 persoas son escasas. Para este prato imos a usar: 20 gambas grandes 5 culleradas de aceite de oliva 1 bulbo de fiúncho 1 cullerada de zume de limón 1 cullerada de pel do limón PARA EL TARTAR 3 tomates pera 1 cebola mediana roxa 150 grs de polpa de sandía 1 cullerada de aceite de oliva Unhas gotas de zume de limón Sal e pementa Pelamos as colas das gambas, deixando a parte da cola. Con un coitelo afiado estaría ben que lle quitásemos a tripa que leva area. Regamos as gambas co zume de limón, a pel relada e o aceite de oliva. Deixámolas repousar mentres se fai o resto do prato. Cortamos os tomates (sen pebidas), a cebola, e a sandía, en cuadradiños p

Flan de framboesas

Estamos no tempo das froitas roxas e como temos moi bos amigos, o outro día trouxéronnos unha boa recolleita de framboesas. Podía facer unha marmelada, máis non. Estiben a mirar que podía facer e topei unha receita da que non podo dar o nome de quen a publica, pois non figuraba. Nesta ocasión non houbo termos medios; gustou ou non. Se non vos gostan as froitas ácidas, a medida de azucre ó voso gosto. Necesitaremos: 1,50 quilos de framboesas 4 gotas de extracto de vainilla 250 grs de nata para montar 150 grs de azucre 8 follas de xelatina Procedemos do seguinte xeito. Lavamos as framboesas en auga fría e esmagámolas cun garfo, engadimos o azucre e o extracto de vainilla. Remexemos ata que todo estea ben mesturado. Poñemos a xelatina a remollo en auga fría, logo disolvémola nunhas gotas de auga a lume brando, cando estea líquida engadímola a mestura anterior. Batemos a nata ata que colla a consistencia de punto de neve. Mesturamos co resto da preparación e poñemos nun mo