Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014

Coello en prebe con patacas, ceboliñas e touciño

Ir á receita en castelán Hoxe imos a tratar de facer unha receita moi saborosa, na que utilizaremos unha carne branca e moi saudable: o coello. Estamos a falar de unha carne, que ademais de sere moi económica, para os tempos que corren, ten moitas proteínas e é baixa en graxas e colesterol. Que máis queremos, un prato económico, san e por riba saboroso. Entón para meternos en faena precisaremos: 1 coello 100 grs de touciño Patacas pequenas 400 grs de ceboliñas 100 ml viño branco 200 ml de caldo de carne 1 folla de loureiro Fariña Pirixel Aceite, sal e pementa negra Cortamos o coello en anacos, salpimentamos e pasamos por fariña. Reservamos Cortamos o touciño en dados ou lardos, pelamos as ceboliñas e as patacas. Nunha cazola con aceite pasamos o touciño e as ceboliñas ate que estean dourados, retiramos e reservamos.A continuación dámoslle unha volta as patacas para que collan algo de cor, tamén retiramos e reservamos. No mesmo aceite de dourar o touciño, as patac

Roupa vella

Ir á receita en castelán Canto tempo sen poñerme escribir un post dunha receita (nin dunha receita nin de nada). Esto foi coma un mes sabático. Sabedes o que pasa, que co tempo estas festas do Nadal cada vez me saturan máis. Non me fagades caso, serán cousas de idade. Como estou sen rodaxe imos cunha receita moi sinxela e de aproveitamento: Roupa vella. Estamos en tempos de cocidos e esta é unha forma de reciclar ese cocido que nos sobrou, pero podemos aproveitar ca mesma receita, carne o caldeiro, polo, etc. Non sei se o que eu fixen está dentro dos cánones que marca, pero isto é o que hai. Precisaremos: Sobras do cocido (carnes, patacas, repolo, garavanzos) Auga do cocido (non imprescindible) Cebola Allo Tomate Pemento vermello Pementón agridoce de La Vera Aceite e sal Non poño as cantidades dos ingredientes, pois van a ir en función do cocido a reciclar. Picamos a cebola, o allo e o pemento de forma miúda e poñemos a pochar nun pouco aceite a lume brando. Mentr