Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2011

Pastel de bonito

Este é unha receita que cae tódolos anos na tempada do bonito, é fácil de preparar, pódese facer con antelación, admite un montón de guarnicións e é unha forma de que os máis cativos da casa coman un dos mellores peixes azuis. Para preparalo imos a necesitar (sae un bo pastel): 750 grs de bonito sen pel nin espiñas 2 ovos cocidos 1 ovo cru 3 lonchas de xamón 3 pementos do piquillo Pirixel picado Pan relado Prebe de tomate Picamos o bonito o máis miúdo posible (aconsello facelo con coitelo, pois a picadora fai unha pasta) e poñemos no recipiente que vaiamos a facer a mestura. Picamos os ovos, as lonchas de xamón, os pementos do piquillo e engadímolos o bonito xunto co pirixel picado, o ovo batido e o pan relado. Remexemos ata conseguir unha mestura homoxénea (a medida do pan relado non é fixa, ide vendo a necesidade). Facemos coma unha croqueta inmensa (o meu consello é envolvela en papel de aluminio e deixar un tempo o frío para que colla máis consistencia). Votamo

Unha petición

Quero facer unha pequena reflexión sobre o que é o facer este blog para min. Eu o entendo coma un divertimento, como unha vía a comunicar cos demais o que fago, ben, mal, peor ou rematadamente peor, pero é o que fago, ben por que o vin noutro sitio, ou ben que me acudiu a deusa creativa e golpeoume na cabeza. Ninguén me obriga a facelo, gústame a cociña e quero dicilo; non vexo isto coma unha competición de haber que a ten máis grande, uns meses teño unha actividade maior e outros son un vago rematado. Diredes a que ben todo este manifesto de intencións, pois ben a que xa estou empezando a fartarme de toparme pola rede con un montón de blogs, onde o que escribe non fixo a receita que publica nin en soños, que as cantidades que se poñen son absurdas e que é imposible facer algo medianamente comestible co que pon. Por iso a miña petición, NON O FAGADES, publicade soamente o que experimentedes na vosa cociña, non obrigan a ninguén e o único que conseguides é sementar a dúbida sobre com

Olivas maceradas en xenxibre, allo con pimentón e solla

Que tal, xa estaredes todos de regreso, incorporados os vosos traballos e pensando nas próximas vacacións. Pois ben, ei de darvos envexa, aínda me quedan a metade das miñas, cando todos vaiades xa saturados eu seguirei de lecer. Imos con  unha receita que nos serve de aperitivo, unhas olivas maceradas. Necesitaremos algunhas cousas: 400 grs de olivas verdes 400 grs de olivas negras 60 grs de xenxibre 8 dentes de allo grandes 25 grs de romeiro fresco 10 grs de tomiño fresco 20 grs de pemento moído da Vera 40 ml de prebe de solla 1 ceboleta 50 ml de aceite de oliva virxe Escorregamos ben as olivas da salmoira na que veñen e reservamos. Pelamos o xenxibre e cortámolo en rodelas finas. Machacamos os allos ca pel, se que cheguen a desfacerse. Mesturamos o romeiro e o tomiño, engadimos o aceite e o pemento moído. Remexemos. Nun bol mesturamos a ceboleta cortada en xuliana, o prebe de solla, as olivas, o aceite cas herbas e o pemento moído, o xenxibre e os allos. Tapamos

Canelóns de ensalada de mazá

Hoxe en particular fai un calor desmesurada. Entón imos con unha ensalada, pero ímola a meter dentro duns canelóns. Cando o calor ven fora do seu tempo, aféctame bastante en sentido moi negativo, pero imos o noso. Para esta ensalada necesitaremos: 1 caixa de canelóns precocidos 8 lonchas de xamón cocido 1 ou 2 puñados de langostinos cocidos (a medida non ten desperdicio) 2 mazás medianas Queixo Philadelphia (ou outro queixo fresco) Poñemos os canelóns en auga quente, seguindo as instrucións do fabricante. Pelamos e picamos os langostinos. Picamos as mazás o as relamos. Mesturamos os langostinos, as mazás e o queixo. Cando xa temos os canelóns listos para usar, extendémolos e poñemos xamón cocido sobre eles. Poñemos unha porción da mestura anterior e enrolamos. Facemos que a mestura chegue os laterais do canelón. Xa vedes complicación a tope e tecnoloxía punta para unha boa ensalada. Os ingredientes coma sempre o voso gusto (faltaría máis).  

De paseo por Allariz

Este sábado pasado estivemos de visita por Allariz. Sempre e agradable un paseo por esa vila e a desculpa foi a Exposición de Xardíns que nesa vila se fai. Pero ademais había outra desculpa, a Festa do Doce Amendoado, todo o que alí ofrecían estaba bo. É unha carpa pequena pero con moito contido, fai certo que as boas esencias veñen en frascos pequenos. En fin que mereceu a pena. No viaxe de volta trouxemos algunha carga de máis. Deixo unhas poucas fotos que fixen na Exposición.

Tosta de queixo de cabra con paquetiño de xamón e gambas

Por si algún aínda anda a buscar un entrante para o xantar do domingo, aporto unha sinxela tapa como entrante. Tosta moi rica e apetecible, xa o digo eu todo. Necesitaremos: Pan en rebandas Queixo de cabra en rulo Xamón en lonchas Gambas O pan facémolo coma xa explicamos en outras ocasións, 5 ou 6 minutos co forno a 200. Facemos os paquetes de xamón, poñendo 2 gambas en cada loncha de xamón e envolvendo. Si a loncha do xamón e longa, danos para dous paquetiños. Poñemos unha tixola a lume brando con un pouco de aceite e facemos nela os paquetes facendo que collan cor por fora e se fagan as gambas dentro. É moi importante o do lume brando, se non o xamón abrasaríase e as gambas quedaría crúas. Para a montaxe, en cada tosta de pan poñemos un disco de queixo (outra opción e untalo) e por riba o paquete de xamón. Seguro que vos vai a gustar.

Peitugas parmesana

Coido que xa hai algún tempo que non conto nada con polo. Isto está moi mal e ímoslle a por remedio nesta entrada. Para esta receita procuraremos: 4 Peitugas de Polo Corral COREN 100 grs de queixo Parmesano relado 2 cebolas 2 cenaorias 1/2 pemento vermello 1 vaso pequeno de viño branco 2 vasos de caldo de polo Fariña, sal e pementa Limpamos as peitugas e si as mercamos enteiras facemos uns filetes algo grosos. Salpimentamos e pasamos por fariña. Poñemos aceite nunha cazola e fritimos lixeiramente as peitugas. Retiramos e reservamos. No mesmo aceite pochamos as cebolas, as cenorias e o pemento picados. Unha vez brandas as verduras, incorporamos as peitugas xunto co viño branco, deixamos evaporar o exceso de alcohol. Agregamos o queixo relado e o caldo de polo. Facemos uns 20 minutos. Pasamos o prebe polo batedor e cubrimos as peitugas co prebe resultante. Servir quente.

Champiñóns o forno

Imos camiño da tempada dos cogomelos. Gustaríame ter aprendido a recoñecelos no monte. Non paso dos que venden no super ou cando un bo amigo me invita a eles. Entón sigo a usar os champiñóns, por comodidade e por algún que come na casa, e non quere por precaución outro tipo. De todos los xeitos co champiñón ven preparado estamos ante un gran elemento culinario. Para a preparación de este prato, imos a precisar: 1 kg de champiñóns 100 grs de manteiga Aceite de oliva 4 dentes de allo 25 grs de pan relado Perexil Sal e pementa Limpamos os champiñóns, separamos o talo do sombreiro. Cortamos os sombreiros en láminas finas e os talos picados finos. Mesturamos os allos picados, o perexil picado e o pan relado. Poñemos os champiñóns nunha fonte que poida ir o forno, salpimentamos e regamos con unha cantidade xenerosa de aceite. Poñemos a manteiga a pedazos pequenos repartidos pola fonte. Repartimos o picadillo de allo, perexil e pan relado por riba dos champiñóns. Prequecemos