Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

De Portomarín a Palas de Rei

Un mes máis, unha etapa máis do Camiño. Esta era a máis longa das previstas, 24 quilómetros, que foron mellores de levar que a anterior; a temperatura foi moi boa. É levadeira con un perfil suave, a pesares de algunha costiña puntual. Dende o meu punto de vista non foi tan atractiva como a do mes anterior, pero debo ser moi raro, xa que no entorno que me movo comenteino e a xente gustoulle. Con isto non quero dicir que nos o pasara ben. Topei con uns peruanos que era a terceira vez que viñan a facelo, xente de boa conversa e boa compaña para un pequeno treito do camiño. Un matrimonio de ingleses que xa estaban un pouco cansos nas súas bicicletas. A mellor compaña foi a de un alemán que non falaba nin papa de castelán, nin eu de alemán; o nexo de unión foi a nosa arquitectura e coido que os dous algo sacamos en limpo. Nos meses de xullo e agosto non hai. Despedímonos do Camiño ata o mes de setembro.

Melón con xamón

Xa está o listo este descubrindo a receita do século, pois non, pero si vos dou unha forma distinta de presentalo. Tamén sei que arrefriou un pouco, pero temos que ir poñendo na alforxa petiscos frescos para o calor que ben. Precisamos Melón Xamón Sacamos unhas bolas de melón con unha culleriña francesa, facemos anacos de xamón e envolvemos as bolas, pinchamos con unhas brochetas e xa o temos. É o de sempre pero aparente. Que aproveite.

Semifrío de cereixas

Con menos asiduidade que de costume, pero aínda ando por aquí. Como parece que todo comeza a encamiñarse ben, serei algo máis asiduo. Pouco a pouco. Imos con unha sobremesa feita con unha froita de tempada: a cereixa. Necesitaremos os seguintes ingredientes: 500 grs de cereixas sen oso (uns 660 grs con rabo e oso) 3 ovos 200 grs de azucre 4 follas de xelatina 2 cullerada de un bo ron negro (é o meu gosto, podedes usar kirsch) 250 grs de nata montada Procedemos: Poñemos as follas de xelatina en auga fría. Sacámoslle os osos as cereixas, aquí comeza unha odisea, a de atopar un desosador de cereixas, era o santo grial todos os establecementos tiñan coñecemento da súa existencia, máis ninguén o tiña a venta. Válevos perfectamente un para sacar os osos das olivas (Benjamín cando queiras volvemos a falar do comercio na nosa cidade). Unha vez que as cereixas teñen o oso fora, triturámolas e reservamos. Poñemos un cazo o lume cas dúas culleradas de ron, o azucre e as follas de

Ensalada de tomate con xamón e queixo

Como seguimos con calores, unha ensalada fresca e rápida. Ingredientes: Tomates Xamón Queixo parmesano relado Aceite de oliva virxe e sal Maldón Cortamos o tomate en rodelas o máis finas posibles, salgamos con a sal Maldón e votamos aceite. Colocamos por riba o xamón en anacos pequenos, relamos o queixo no momento e votamos un pouco máis de aceite. Non ten máis.

Finca Míllara

Cando falamos da Ribeira Sacra, falamos de celtas, de romanos, falamos de igrexas románicas en estado puro, falamos dos canons do Sil e máis do Miño, falamos de soutos centenarios, falamos de néboas irredentas e falamos de viñedos en bancais. Pois ben un destes viñedos en bancais imposibles, é o de Finca Míllara, unha adega emerxente que se atopa situada no pobo do mesmo nome e a que Fernando de Santiago mima, pobo abandonado que se atopa en proceso de rehabilitación polos mesmos propietarios da adega. Os bancais foron totalmente reconstruídos nunha obra que se me antolla case que imposible. Mesturados entre os bancais atopamos plantadas oliveiras, que utilizando a linguaxe dos entendidos fan unha boa maridaxe con as cepas. Oliveiras que nos dan ese ouro verde tan apreciado e que esta a gañar terreo nesta nosa Galiza, pero ese é outro tema. Finca Míllara fai un viño da variedade mencía, non podía ser de outro xeito. Un dos elementos esencias desta terra e a pedra, pois ven estamos a

A Míllara

O día 29 do pasado mes un grupo de "xoves estudantes de COU", coma todos os anos, xuntámonos para xantar e pasar o día coñecendo algo do lugar onde vamos. Este ano o lugar foi A Míllara o pobo abandonado no Canón do Miño. Minto, abandonado non, por mor dun grupo de amigos, están a rehabilitalo para o seu uso particular. O encrave e simplemente perfecto e a obra que alí están a facer digna de encomio. Para xantar fúmonos ata o embarcadoiro do catamarán e alí esta CASA MAIORGA , un lugar encantador para disfrutar, mentres se xanta. Gózase de unha boa vista e dun silencio que o ocupa todo. Tratáronos moi ben, xente do máis agradable e con boa cociña. Se tiverades a idea de ir por alí e mellor que chamedes antes. Do que eu xantei, destácovos as empanadas, a de xoubas quita o sentido, pero a de castañas con chourizo e toda unha sorpresa, contundente pero non vos perdades a mestura de sabores. Esquecíame como sobremesa non deixedes de probar o Crumble de froitas, marchariades

De Sarria a Portomarín

O pasado día 22 de maio fixemos unha etapa máis do Camiño de Santiago. Saíndo de Sarria tomamos camiño para Portomarín, unha etapa moi agradable e de bo facer a pena foi a calor que facía, que para min fixo eternos os últimos quilómetros. Merece a pena facer un pequeno alto en Barbadelo para visitar a igrexa de Santiago de Barbadelo. Un claro exemplo do románico galego, con unha torre de planta cadrada, non común de ver. Segundo veredes nas fotos é curioso o home cos brazos en cruz que se pode ver no lintel da porta. Seguimos o camiño e atopamos, subindo a Ferreiros unha curiosa pasarela de pedras, para evitar a auga que corre camiño abaixo. Na chegada a Portomarín merece a pena a visita a igrxa de San Nicolás.

Uvas recheas de queixo

Como xa está a pegar forte a calor, imos a facer un petisco, rápido, fácil e fresco. Non vou a dar medidas que cada quen faga as misturas segundo o seu gusto. Hoxe utilicei Uvas Queixo fresco Queixo azul A mistura pode ser con Cabrales, Roquefort, azul, etc. e en lugar de queixo fresco un pouco de nata alta en materia graxa (nata para montar). Podedes picar un pouco de ceboliño para darlle unha pouca de cor, en fin, botádelle imaxinación. Facémoslle un corte transversal as uvas e enchémolas con a mistura de queixos, e a neveira. Acompañádeo de un viño fresquiño.