Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

Pisto e ovo fritido

Ir á receita en castelán 1 cebola 50 grs de pemento roxo 50 grs de pemento verde 50 grs pemento amarelo 200 grs cabaciña 200 de berenxena 150 grs de tomate Ovos Sal e pementa Imos a desintoxicar o corpo de todas as copiosas comidas destes días de festas. Que mellor que unhas verduras transformadas nun rico prato cheo de sabor e color. Eu incorporo un ovo, xa que me gusta moito a mestura destes sabores. Picamos en anacos pequenos a cebola e poñemos a pochar nun pouco aceite. Mentres se fai a cebola imos picando os tres pementos en anacos pequenos e incorporamos a cebola. Damos unhas voltas e mesturamos. Despois duns catro minutos, incorporamos a cabaciña en anacos pequenos. Mesturamos e despois de outros catro minutos engadimos a berenxena, tamén en anacos. Mesturamos ben as verduras e despois de outros catro minutos engadimos o tomate picado. Deixamos facer a lume brando as verduras. Non debemos deixar que as verduras se abranden moito, xa que gusta

Bacallau confeitado e cebola negra

Ir á receita en castelán Lombo de bacallau desalgado 1 dente de allo Aceite de oliva 2 cebolas 100 ml de prebe de solla 10 grs de azucre moreno 3 culleradas de aceite de oliva Como xa moit@s de vos sabedes, o bacallau, xunto co polbo, eran un prato típico en Ourense polo Nadal, sobre todo polas zonas limítrofes ca raia con Portugal. Para gardar a tradición, non podía deixar de poñer unha preparación de bacallau para o Nadal. Unha advertencia, ollo os hipertensos, é un prato que vai a tirar a salgado. Levamos un cazo ó lume cunha cantidade de aceite que nos cubra o bacallau. Engadimos o dente de allo e deixamos que queza ata unha temperatura entre 55 e 60 grados. Poñemos o bacallau no aceite e confeitamos ata que as láminas se solt e n facilmente. Retiramos do lume e reservamos no calor residual do cazo. Cortamos as cebolas en plumas finas e poñemos ó lume para que colla cor. Cando a cebola toma cor, remollamos co prebe de solla, engadimos o azucre e deixam

Chupa-Chups de zanco de paspallás

Ir á receita en castelán Zancos de pas pallás Xamón serrano Améndoas tostadas  Pan relado 1 ovo Aceite Outra opción para esa mesa de picoteo do noso Nadal. Un prato crocante que tanto nos gusta e cunha suave carne de ave. Non é necesario mercar o paspallás enteiro, hai no mercado unhas bandexas co despe ce xa feito. Na bandexa ven o zanco e o contra zanco, nos os separamos e imos a facelo dos zancos.  Abrimos o envase dos zancos uns cinco ou dez minutos antes do seu uso. Separamos o zanco do contrazanco. Mentres se airea a carne, poñemos unhas lonchas de xamón entre papel de cociña e levamos 1 minuto ó microondas. Tedes que ver se necesita algún tempo máis. Deixades arrefriar. No vaso do batedor imos a mesturar un puñado de améndoas e as lonchas do xamón en anacos. Trituramos, pero queremos que non nos quede desfeito de todo. Mesturamos o triturado de xamón e améndoas cun pouco de pan relado groso. Reservamos. Collemos os zancos e cortamo

Ensalada de perdiz escabechada

Ir á receita en castelán 1 lata de perdiz en escabeche 1 bolsa de brotes tenros Bolos de pan 1/2 cebola roxa 2 culleradas de mostaza antiga Sal en escamas Quero seguir poñendo opcións para o Nadal e que ademáis sexan de fácil preparación, vistosas e económicas. Coido que podemos facer unha boa cena ou xantar de Nadal, sen necesidade de tirar a casa pola fiestra. A opción é nosa. Abrimos a lata da perdiz, reservamos o líquido do escabeche e retiramos a perdiz. Desosamos a perdiz e cas mans desmiuzamos a carne. Levamos ó líquido reservado e deixamos que se empape ben. Abrimos a bolsa dos brotes e deixamos que se aireen uns minutos. Picamos fina a media cebola e preparamos a vinagreta cunha proporción de tres culleradas de escabeche por unha de mostaza antiga. Mesturamos ben e engadimos a cebola picada. Cortamos a tapa do pan e retiramos o miolo interior. Presentamos o pan cunha pequena porción de brotes no interior, poñemos por riba a carne da per

Lombos de xarda en escabeche con encurtidos e prebe de alcaparras

Ir á receita en castelán 2 x ardas   1 c ebola   1 c enoria   1 d ente de allo   1 f olla de loureiro   t omiño   p ementa   en grano 50 cl de aceite de oliva   15 cl de vinagre de vino blanco   Sal   PARA O PREBE 1 bote de alcaparras 1 xema de ovo 1 dente de allo Aceite de oliva e sal PARA OS ENCURTIDOS Pepinillos en vinagre Guindillas verdes picantes Ceboliñas en vinagre Non é unha receita de Nadal, pero, dado o seu sabor, pode formar parte de esa cea de pinchos que imos a poñer, pois podemos servilo en pequenos bolos de pan. Temos un peixe de unha carne realmente excepcional e cunha textura fantástica. Picamos a cebola, a cenoria e o dente de allo. Refogamos no aceite.   Engadimos o romeiro, o loureiro, o tomiño, o vinagre e a pementa. Neste caso infusionamos en quente, pero a lume brando.   Mentres se fai o escabeche, sacamos os lombos das xardas e retiramos as espiñas e cando digo retiramos, refírome a todas. Queremos unha pr

Salchicha Frankfurt TN con outro prebe

Ir á receita en castelán Salchicha Frankfurt Torre de Núñez Pan centeo 3 culleradas de maionesa 1 cullerada de mostaza antiga 1 cullerada pequena de ketchup 1 golpe de brandi 1 golpe de zume de limón 2 follas de endivia ¼ de cebola morada Aceite   O sábado 3 de decembro Torre de Núñez celebra su 50 Aniversario e tiveron a xentileza de invitarme ó evento de celebración. Pois ben eu, en agradecemento, publico esta receita elaborada con un dos últimos produtos que sacou ó mercado: Salchicha Frankfurt sin gluten, sin lactosa, sin colorantes e en tripa natural. Para acompañar este tipo de comida fago un prebe, que mestura os básicos que normalmente leva. Imos a darlle un toque crocante con unhas verduras moi picadas e un sabor engadido co brandi (evitar si hai nenos) e o limón. Picamos finas as follas de endibia e a cebola. Reservamos. Poñemos unhas rebandas de pan centeo, no forno cinco minutos a 200º, partindo do forno frío. Mesturamos a maionesa,