Ir á receita en castelán 1 peituga de polo enteira Patacas 2 dentes de allo Loureiro (1 folla) Ourego picado Tomiño picado Pementón 1 vaso de viño branco Aceite de oliva Sal e pementa Hoxe imos cunha receita rápida, económica e fácil. Unha receita con noso amigo o polo, que xunto ó pavo e ó coello forman as carnes brancas baixas en graxas, tan boas para nos. Comenzamos separando a peituga nas súas dúas metades e retirando as posibles graxas que poida traer. Poñemos as peitugas nun bol, salpimentamos e engadimos a folla de loureiro, os allos fileteados, o ourego, o tomiño, o pementón e un bo chorro de aceite de oliva. Mesturamos ben o conxunto e deixamos repousar, coma unha hora, na neveira. Pelamos as patacas e cortamos en dados (ou como máis vos gusten) e fritímolas nunha cazola. Retiramos e reservamos en papel de cociña. Na mesma cazola de facer as patacas, douramos, ben, a peituga e incorporamos o adobo e o viño branco. Baixamos a lume brando e deixamo
Aprendemos xuntos.