Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Bola de salmón e queixo en cornete con guacamole

Ir á receita en castelán Volvemos con un entrante que penso é moi atractivo, ademais de saboroso.

Milfollas de xamón de pato e mango

Ir á receita en castelán Nas mesturas doce-salgado a reina é o melón con xamón. Hoxe cambiamos.

Luras fritas con puré de aguacate

Ir á receita en castelán  Imos a combinar as luras cun puré que non entra no noso concepto desta fritura. 500 grs de luras 1/2 aguacate 1 lima Guindilla Fariña Aceite Sal Esta combinación é de esas que fai Jamie Oliver, no seu programa Rápido e fácil con cinco ingredientes. Ten os seus detractores, pero a min gústame o que fai. Temos que estar abertos e esta receita é unha maneira distinta de presentar as nosas clásicas luras fritas. Limpamos e lavamos ben as luras. Secamos moi ben, cortamos en aneis e salgamos. Poñemos a fariña nun bol e pasamos os aneis das luras por ela. Enfariñamos ben, facendo que a fariña chegue a todas partes. Pelamos o aguacate e chafamos cun garfo. Relamos por riba, do puré, a pel da lima, salgamos e engadimos o zume da lima. Mesturamos ben. Nunha tixola con aceite de oliva quente, fritimos as luras, sen sacudir o exceso de fariña. Deixamos que se fagan ata que collan esa bonita cor dourada. Estendemos o puré polo prato de servizo, p