Ir al contenido principal

Tosta de piquillos con anchoas e requeixo

Nestes días atrás estiven a asistir a un pequeno curso de tres días que se fixo no CC Ponte Vella.
O lema do curso era. "Tapas e tragos".
Irei poñendo as tapas que fixemos, e unha delas é esta que nos ocupa.
Vou a poñer cantidades para catro tostas, é aproximado, que cada un os use na mediada dos seos gustos.

4 tostas de pan
3 pementos de piquillo
1 dente de allo
200 grs de requeixo
1 lata de anchoas
Ceboliño fresco
Vinagre de Módena


Poñemos a confitar os pementos co dente de allo sen pelar e cubertos de aceite (xogade co lume, non debería pasar de 70 ou 80 grados; en roman paladino, que non debe ferver, deixádeos entre 30 e 40 minutos, pódese engadir unha culleriña de azucre contra o final.
Facemos unha redución de vinagre de Modena (como norma para 1 litro de líquido, 400 grs de azucre), evidentemente non necesitamos un litro. Facer nun cazo ata conseguir a textura desexada, pensade que cando arrefría tende a espesar.
Picamos finos os pementos, o ceboliño e misturamos co requeixo, engadindo un golpiño de aceite. Xa somos coñecedores do amargor do requeixo, a quen non lle guste que use Philadelphia ou que o misture.
Poñemos as tostas no forno a 200º durante 5 ou 6 minutos.
Sobre a tosta estendemos a pasta de requeixo, por riba unhas anchoas e unha rama de ceboliño.
Adornar con un cordón  da redución.