Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2018

Xarda ó sal

Ir á receita en castelán Como non pode ser doutro xeito, se andas por porto de mar, o peixe ten que ir a túa mesa. 4 xardas 500 grs de sal grosa (aprox) 1/2 vaso de viño branco Herbas aromáticas ó gusto Allo Pirixel Aceite de oliva virxe Imos a facer un peixe ó sal, pero sen cubrilo de todo e usar o vapor da cocción. Neste caso o peixe é xarda, pero con robaliza, dourada, sargo, etc. tamén iría de marabilla. Imos a usar un bo viño, pois os sabores do mesmo e das herbas van a ir a parar o peixe. Pedimos na peixería, que lle retiren as espiñas as xardas e nos fagan os lombos Mesturamos o sal cas herbas aromáticas escollidas e o viño. Mesturamos ben. Nunha tixola ampla e con tapa, cubrimos o fondo e laterais con papel de aluminio (para non raiar a tixola) e poñemos unha capa de sal coma dun centímetro. Levamos ó lume e deixamos que queza, cando ó tocarlle nos queime poñemos os lombos da xarda (ca pel para abaixo), tapamos e deixamos que se vaia facendo entre 5

Pescada en prebe de mostaza

Ir á receita en castelán Aínda que esteamos de vacacións, podemos facer unhas saborosas receitas. Ademais de moi fáciles. 1 quilo de pescada 200 ml de tona para montar 3 culleradas de mostaza 1  ceboleta 1 dente de allo Patacas 1/2 cebola 3 pepinillos en vinagre 1 cullerada de alcaparras (se vos gustan) A reladura dun limón Pirixel A pescada é un dos peixes cunha das texturas mais suaves, pero si nos pasamos na cocción, pode resultar o mais seco de todos. Eu, normalmente, o poño na auga fervendo, cando lle faltan uns cinco minutos as patacas e logo deixo que repouse uns minutos no caldo da cocción. Preparamos o prebe, picando a ceboleta e refogamos ata que a cebola estea transparente. Mentres imos picando o dente de allo, os pepinillos, as alcaparras e o pirixel. Cando a cebola está no seu punto, engadimos o allo, o pepinillo e as alcaparras. Damos unhas voltas e incorporamos a tona. Remexemos para que a tona espese. Engadimos a mostaza, a reladura do limón e