Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

Alas de polo á Rioxana

Ir a receita en castelán Hoxe toca polo, e do polo unha parte con moi bo sabor: as ás. É un prato moi sinxelo e humilde, pero con moito sabor. Para facelo necesitaremos os seguintes ingredientes: 12 ou 15 ás de polo 5 dentes de allo 2 ramas de tomiño 1 rama de pirixel 2 cebolas 1 folla de loreiro 1 cullerada de pimentón 1/2 vaso de viño branco 1 cullerada de mel (opcional) Sal, pementa, fariña e aceite de oliva Salpimentamos as ás e rebozámolas na fariña. Fritímolas nunha tixola e reservamos. Pelamos os allos e esmagamos, pelamos as cebolas e cortámolas en aros. Sofritimos os allos, as cebolas, o loureiro e o tomiño no aceite de fritir as ás. Cando a cebola estea dourada, botamos o pirixel e o pimentón. De seguido engadimos o viño branco e deixamos que coza o prebe uns 5 minutos a lume brando. Neste momento engádese a mel (a quen lle guste). Botamos este prebe por riba das ás reservadas e deixámolas repousar unhas horas dándolle a volta de cando en vez. Antes d

Bacallau a Gomes de Sá

Ir a receita en castelán Canto tempo sen asomarme por este recuncho. Máis aínda ando por estes lares, non ca continuidade que quixera pero espero que a partires de agora, un pouco máis a miúdo que esta temporada que pasou. Dos moitos pratos de bacallau que ten a cociña portuguesa, este é un dos máis coñecidos. E orixinario da rexión de Porto. Imos a precisar: 500 grs de bacallau 600 grs de patacas 1 cebola grande 2 ovos cocidos Pirixel Olivas negras (opcional) Aceite, sal e pementa Poñemos unha pota con auga a ferver e outra cas patacas para que se cozan. No momento que a pota da auga ferve, retírase do lume e ponse nela o bacallau. Tápase cun pano e deixase facer entre 25 e 30 minutos. Cando as patacas están feitas, córtanse coma se fora para tortilla. Bótanse nunha fonte que poida ir o forno. Sácase o bacallau da auga, elimínase a pel, as espiñas e desmiúzase cos dedos. Mestúrase o bacallau cas patacas. Salpiméntase o conxunto. Nunha tixola con aceite po

Rolo de salmón recheo

Ir a receita en castelán Un petisco sinxelo, rápido e a par elegante. Fora bromas é verdade que é rápido e moi sinxelo. O recheo, o que vos veña a cabeza, eu fíxeno de queixo e mexillóns en escabeche. Ingredientes que imos a necesitar: Salmón en lonchas Queixo Philadelphia ( ou outro) Mexillóns en escabeche Ceboliño A única complicación é a de que non se nos rompan as lonchas do salmón o separalas. Unha vez que as temos estiradas, facemos unha mestura do queixo cos mexillóns picados. Picamos tamén ceboliño e engadimos a mestura. Sobre a loncha de salmón estirado poñemos unha porción do recheo e unha folla de ceboliño enteiro que sobresaia polas veiras. O normal e que sexa grande o rolo, partímolo polo medio. Poñemos un tempo no frío para que colla corpo o recheo. Moi boa a mestura de sabores.

Sardiñas recheas

Ir a receita en castelán Na receita de hoxe imos a facer sardiñas, de cando en vez cando vexo que merecen a pena, non deixo escapar a ocasión de levalas a miña cociña. Sinto unha especial querencia polos pescados azuis. As sardiñas, vos veredes as que poñedes por comensal, segundo o tamaño das mesmas. Os ingredientes que cito a continuación serían para unhas 12 unidades. Sardiñas (as necesarias) 15 olivas (verdes ou negras) 1 dente de allo 1/2 cebola 1 anaco de apio 1 tomate 1/2 pemento verde Ceboliño Aceite, sal e pementa Limpamos as sardiñas e retiramos a espiña central, deixándoas abertas coma un libro. Se non o facedes na casa, xa sabedes; o vos@ pescadeir@. Picamos as verduras moi miúdas e o tomate en cadradiños. Nunha tixola faise un sofrito co allo, o apio a cebola e o pemento. Despois duns minutos engadimos o tomate e as olivas, salpimentamos e reservamos. Estendemos as sardiñas ca pel para abaixo e botamos un pouco de recheo en cada unha. Dobramos da col

Polbo a mugardesa

Ir a receita en castelán En primeiro lugar quero pedir desculpas a Mugardos pola receita que nos ocupa. Non sei cal é realmente a académica, pois andei a revolver pola rede e había para todos os gustos. Isto é o que fixen e, por certo, estaba ben bo. Necesitaremos para este asunto: Polbo cocido Patacas Pemento bermello Cebola Allo Pementón agridulce da La Vera Aceite e sal Como outras moitas veces, non dou medidas que cada un as mesture o seu gusto. Cocemos unhas patacas en cachelos, reservamos. Cortamos o polbo xa cocido en anacos, coma se fora para o Polbo a feira, reservamos. Cortamos as cebolas en xuliana non moi fina, os pementos en anacos e o allo, e refogamos a lume brando. Cando estea no seu punto engadimos o pementón, tendo coidado de que non se queime. Incorporamos o polbo, facemos que se mesture ben cas verduras e o pementón e a continuación botamos as patacas. Remexemos o conxunto e a saborealo de seguido na mesa. Para min case que imprescindi

Patacas gratinadas con afumados

Ir a receita en castelán Hoxe imos a facer un petisco de entrada ou pra tomar un aperitivo. Un dos elementos que imos a usar e a pataca. Teño unha loita particular con este produto, cústame encontralo bo. Penso que en algunha zona primouse a cantidade pola calidade e poñen no mercado unha moi mala pataca. Pan para hoxe, fame para mañá. Máis como din, o que veña detrás que se apañe. Fora de disquisicións precisaremos: 500 grs de patacas 250 grs de salmón afumado Manteiga Maionesa Cocemos as patacas enteiras en auga con sal. En canto arrefríen un pouco, cortámolas en rodela o máis finas posibles. Untamos ca manteiga unha bandexa de forno e poñemos unha capa de patacas e cubrimos cada unha de elas con unha porción de salmón. Alternamos patacas e salmón ata rematar os ingredientes. Regamos as patacas con unha cullerada de maionesa e metemos no forno prequecido a 200º. Cando a maionesa se pon da cor barra de pan, é o seu punto. De sabor moi agradable.

Solombo de porco recheo

Ir a receita en castelán Estamos xa en pleno outono e hoxe pola noite, parece ser, entra unha gran borrasca para irnos metendo no inverno. E do outono non so son as castañas, tamén empeza a ser tempo de matanzas. Por iso imos con unha receita de carne de porco. Faremos provisión dos seguintes alimentos: 2 solombos ben feitiños 2 ovos 3 allos Unhas follas de pirixel 1 culleriña de mostaza 6 piquillos (dous para o guiso) 1/2 cebola 1 porro 1 tomate 1/2 cenoria 1/2 chourizo o longo Tiras de touciño Viño branco 1 cazo de caldo de carne Knorr Aceite, sal e pementa Se sodes uns manitas, tedes que deixar o solombo coma si de un filete se tratase, se sodes uns manazas coma eu mellor que o faga o carnideir@. Reservamos. Facemos dúas tortillas francesas. Con dous allos, as follas de pirixel e unhas gotas de aceite facemos un majado no morteiro e unha vez feito mesturamos a mostaza. O chourizo cortámolo, o longo, en catro tiras. Estiramos o solombo e untamos co majado,