Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2013

Polbo con fabas de A Granxa

Ir a receita en castelán Ola a tod@s de novo, neste verao ando un pouco, bastante, vago, pero é que as calores de este Ourense son aplanadoras. Como ben sabedes este pasado domingo (2º de agosto) celebrouse a festa do polbo, en O Carballiño. Pois ben eu quería ter publicada esta receita o venres anterior á festa, como humilde homenaxe a tan grande vianda e a esta moi consolidada festa gastronómica. Non foi o venres, pero é agora e para elo precisaremos: 400 grs de polbo cocido e cortado 250 grs de fabas de A Granxa 150 grs de cebola 2 dentes de allo Pementón agridoce de La Vera Aceite e sal Esta receita ten dúas versións, a longa e a curta. Na longa cocemos o polbo e cocemos as fabas, previamente, para facer o noso prato. Na curta, pola que eu me inclinei, compramos o pobo xa cocido e as fabas, tamén, xa cocidas. Picaremos a cebola e os dentes de allo. Poñémolos a pochar nunha cacerola cun un pouco de aceite e a lume brando. Cando vexamos que a cebola está, subimos