Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Mini lacón asado na olla de cocción lenta

Ir á receita en castelán Hoxe volvemos a usar a nosa gran amiga: a olla de cocción lenta. A verdade que é unha gran axuda na cociña unha olla deste tipo.

Suprema de pescada sobre prebe de mostaza e sofrito de tomate seco e abelá

Ir á receita en castelán Dado que o que temos é tempo, imos a preparar un prato un pouco mais "de domingo". Imos a facer unha pescada que vai a ter unha boa cantidade de matices. 4 supremas de pescada 1 cullerada de fariña 1 cullerada de mostaza antiga 2 vasos de leite (aprox) 1 cullerada de abelás 10 tomates secos Media cebola 1 dente de allo Aceite de oliva Sal Nesta receita imos a usar mostaza, pero posiblemente a de menos uso nas nosas cociñas: á antiga. As sementes danlle unha boa textura e, penso, non é tan agresiva como a normal. Tamén é a primeira vez que fago un sofrito co tomate seco. Podo dicirvos que me sorprendeu. Nunha tixola facemos un roux. Poñemos unha cullerada de aceite e, cando empece a tomar calor, a de fariña. Remexemos un minuto para que a fariña se faga e non saiba a cru. Engadimos a leite, que teremos tibia, non toda de golpe e imos espesando. Engadimos a mostaza e reservamos. Picamos a ceboleta, o dente de allo e poñemos

Ensalada de brotes vinagreta e xoubas en conserva

Ir á receita en castelán Estamos de novo por aquí, con unha receita das nosas estupendas conservas. Chega a primavera e con ela días de sol, nos que vai a apetecer un prato fresco e cheo de sabor.

Fabas con manitas de porco en olla lenta

Ir á receita en castelán Onte, e nunha destas tolemias que lle dan o meu mais que bo amigo José Manuel García, lle recordaba a outro bo amigo común, Anxo Trives un prato de manitas de porco. Pois desde a miña pequena cociña, dedícoche este prato, de manitas con Faba Loba das Montañas de Trevinca, que de seguro che vai a gustar José Manuel.

Zamburiñas en conserva con guacamole

Ir á receita en castelán Volvemos a coller as conservas, como fío condutor da preparación de moi bos pratos. Lendo aquí e alá iremos facendo unhas estupendas receitas que nos ofrece Conservas Paco Lafuente.

Falda de tenreira galega guisada

Ir á receita en castelán Estamos diante dun prato que é tradición. Un prato dos que gustan en todas as casas, diante dun prato no que un bo pan xoga un papel case de actor principal. Resumindo diante dun prato dos de sempre, das avoas e das nais.

Bacallau Skrei con guiso de fabas e patacas

Ir á receita en castelán Dende hai unhas semanas e ata finais de abril, temos con nos unha das delicias que nos da o mar: o bacallau Skrei. Con un peixe tan delicado, non podíamos ter mellor compañeira que a suavidade da Faba Loba Montañas de Trevinca .