Ir al contenido principal

Crema de mazá e xamón

Imos alá con outra crema, desta misturaremos a mazá co xamón. Particularmente gústame, o sabor que devolve unha vez tomada a cullerada, paréceme soberbio.
Usaremos:

1 bolsa de puré Maggi
1 Bote de leite evaporado Ideal
4 Mazás Goldén
2 Osos de xamón (codillo)
1 caciño de caldo de verduras Knorr
4 lonxas de xamón
25 grs de manteiga

Como fixemos na entrada anterior facemos o xamón no microondas uns 2 e medio ou 3 minutos.
Pelamos as mazás e cortámolas en gallos, refogámolas na manteiga; engadimos 1 litro de auga, os osos de xamón (ollo que nos estean rancios), o caciño de caldo de verduras e cocémolo a lume brando durante 30 minutos.
Retiramos os osos de xamón e trituramos ca batedora, ata obter unha crema fina; engadimos a leite e o sobre dos copos de patacas, deixámolo repousar e remexemos.
Servimos co xamón en anacos por riba. Un pouco de aceite de oliva virxe non lle ven nada mal.
Non dubidedes en probalo.