Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2013

Tapas&Blogs no Hotel Hesperia da Illa de A Toxa

Ir á entrada en castelán Como xa estaredes máis que informados, os pasados días sete e oito, xuntámonos no Hotel Hesperia da illa de A Toxa, un pequeno grupo de Tapas & Blogs Galicia. O obxectivo principal era asistir a un taller de arroces e coñecer de antemán, os cambios a efectuar na súa carta. No aspecto persoal, por unha banda saudar os coñecidos e por outra o sempre interesante e enriquecedor, que é o coñecer a novas persoas que se incorporan a estes eventos. Ó chegar ó hotel fomos recibidos por Mónica Fraga, directora do hotel e por Mónica Tilve, a xefa de ventas. Tras a chegada de todos tivemos unha recepción no "Acueducto arroz &tapas", onde nos transmitiron o novo concepto co que pretenden atraer os seus clientes. Observo na carta unha proposta moi pegada á terra, unha carta baseada no produto de terra de mercado e sobre todo nos produtos de calidade que o mar, que teñen a escasos metros lles ofrece. Aspecto moderno do local e un grato ambiente

Migas con provolone e ovo de paspallás

Ir a receita en castelán Fai uns días, cando vos comuniquei que a receita da ensalada de sandía e queixo de cabra , fora unha das gañadoras do concurso "Tu receta en 22 minutos" de Canal Cocina, tiven un comentario no Facebook que viña a dicir que onde iamos a parar con estas mesturas, que onde quedaba a cociña tradicional. Mais ou menos, contesteille que eu era moi respetuoso ca cociña de sempre e que nunca deberiamos esquecela, pero que tampouco viña mal estudiar novas propostas. Resposta: é que deberiamos volver a comer con culler de pau. Nese momento cortei o diálogo igual que fago con todos os integristas. Pois si lle pareceu sacrílega a mestura, hoxe vai outra. Pra este prato e para dúas persoas precisaremos: 2 rodelas de Provolone 2 ovos de paspallás 250 grs de pan seco 30 grs de touciño 50 grs de chourizo 200 ml de auga 2 dentes de allo Desmiuzamos o pan e humedecémolo ca auga. Deixámolo como unha hora e imos engadindo mais auga se fose necesario. Co

Mousse de fígado de rape con marmelada de pemento roxo.

Ir a receita en castelán Xa hai algúns días que teño abandonado este blog, pero estiven en outras ocupacións. Hoxe retorno cunha receita da miña boa amiga Loly Llano e que ela publicou no seu estupendo blog O Garfelo , blog que vos aconsello que visitedes. Pois a partir da receita de Loly o que fixen foi un entrante para un aperitivo mas que resultón. Normalmente nas peixerías desfanse do fígado do rape, cando limpan o peixe para os seus clientes. Soamente lle  tedes que dicir a vosa peixeira que vos garde algúns fígados. Pois postos mans á obra imos a precisar: PARA A MOUSSE 150-200 grs de fígado de rape 200 grs de tona líquida para montar 1 clara de ovo 3 follas de xelatina neutra Unha herba aromática Sal e pementa PARA A MARMELADA 200 grs de pementos roxos 100 grs de azucre 3 culleradas de vinagre 4 culleradas de auga Poñemos as follas de xelatina a hidratar nun bol con auga fresca. Limpamos os fígados das venas que poida traer, así como de algunha posibl