Ir á receita en castelán 1 xarda 1 pataca mediana 1 cebola pequena 1/2 pemento roxo 2 dentes de allo Aceite de oliva Sal Dicirvos, antes de nada, que as medidas que se dan son para unha ración. Xa temos comentado en outras ocasións que no sinxelo, case sempre está o superior. Na receita que tratamos hoxe, e na miña modesta opinión, estamos ante esa afirmación. Un pescado barato, unha pataca e unhas verduras, van a facer que teñas diante un dos grandes pratos de peixe. Pedimos na peixería que nos limpen ben a xarda, que lle quiten a espiña central e nos fagan dous lombos. Cortamos as patacas para panadeira, fileteamos os allos (un pouco grosos), cortamos a cebola en plumas e o pemento en tiras. Poñemos o conxunto das patacas e vexetais, nunha tixola con aceite suficiente e deixamos facer moi despazo. Mentres se fan as patacas, retiramos o resto de espiñas pequenas e poñemos nun recipiente que poida ir ó forno. Regamos con aceite e facemos, co forno prequecido
Aprendemos xuntos.