Retomamos a masa follada, que tanto xogo nos da na cociña salgada. Hoxe combinarémola con polo e un sofrito que o vai a facer máis zumarento.
Os nosos ingredientes:
2 Peitugas de pollo enteiras
30 grs de manteiga
1 cebola pequena
1 dente de allo
250 grs de champiñóns
2 masas de follado
lonxas de touciño
1 ovo
Aceite, sal e pementa
Pois con todo o anterior poñémonos mans a obra.
Cada peituga enteira partímola en dúas, salpimentámolas e douramos en 4 culleradas de aceite. Reservamos.
Picamos fino a cebola e o allo, o mesmo os champiñóns.
Nun cazo poñemos a manteiga e engadimos a cebola e o allo, facemos a lume brando. Cando estean transparentes engadimos os champiñóns, subimos un pouco o lume, salpimentamos e cocemos sen tapar.
Cortamos cada lámina de masa follada en dúas, en cada unha delas poñemos unha peituga co sofrito por riba e tapamos cas lonxas de touciño. Cerramos ben o follado, pintamos co ovo batido e poñemos no forno, prequecido a 200º, entre 20 ou 30 minutos.
Acompañaremos con un "mezclun" de follas de leituga e si o queremos salsear podémolo facer con un bo prebe de tomate.