Ben outra vez por eiquí, está vez con un lombo de porco pero... da parte de a agulla (pura manteiga unha vez cociñada). Algo ten que ver o meu amigo Luis da carnecería, dame unha carne excepcional, hai que ser moi pero moi malo na cociña para que che saia mal. Eu son mais ben mediocre e o resultado é espectacular.
Cos ingredientes que vos dou pode sair comida para 8 ou 10 personas (todo depende)
2 kilos de lombo de a agulla (xa quitados os osos de costela)
Lonchas de touciño
1 pemento roxo
1 pemento verde
2 cebolas
2 cenaorias
2 tomate
1 vaso de ron
1 vaso de viño tinto
patacas
un pouco de manteiga de porco
aceite, sal e pementa negra
Ben, comenzamos limpando o trozo de lombo de grasas.
Bridamos e dámoslle unha masaxe de sal e pementa.
Untamos unha bandexa de forno con a manteiga de porco e poñémola a o forno. A temperatura será de unhos 200º, eu arranco de frío, nos se reseca tanto a peza en cuestión. En 60 ou 70 minutos debería de estar lista. Temperatura no centro da peza de 80º.
Mentras se fai o lombo, imos a ir facendo por un lado unhas patacas cocidas con pel, e por outro prepararemos a salsa: poñer un pouco de aceite nunha cacerola, cando esté no seu punto tostar os osos de costela que viñan ca peza da carne, una ves tostados engadimos a cebola, as cenaorias e os tomates cortados en anacos, salpimentamos, deixamos facer unhos minutos. Engadimos o ron e flambeamos (ollo fácelo fora da campá de extracción), a continuación o viño tinto. Deixamos que reduza ata a metade e botámoslle auga, deixamos cocer por unhos 20 ou 25 minutos. Coar e reducir ata conseguir a textura deseada.
Colocamos as lonchas de touciño a o redor de aros cosrtapastas e atamos con bramante (faremos tantas como comensais), introducilos no forno a 200º unhos 20 minutos aprox.
Asar os pementos do xeito tradicional, pelar cortar en tiras e gardar con unha mixtura do seu zume e aceite de oliva.
As patacas que xa estarán cocidas, cortámolas en rodaxas, poñémolas nunha placa de forno salpimentamos e rociamos con aceite, pegámoslle un golpe de forno unhos 7 ou 8 minutos a 200 º.
Despois de todas as preparacións chegou o momento de montar o prato: colocamos o aro feito con o touciño, e recheámolo con o lombo e os pementos (eu fixen unha base de lombo e boteille os pementos por riba). Colocamos as patacas como a nosa imaxinación mellor nos dicte e salseamos.
Espolvoreamos un poco de perexil ou cruzamos por riba do redondo duas varas de ceboliño.
A o mellor parece un pouco latoso, pero o resultado e moi bo, hai que tomalo con paciencia e organizarse nos preparativos.
Animádevos