Ir al contenido principal

Trompetas da morte con arroz

Ben estou outra vez por aiquí, e como seguimos nesta estación otoñal, como non podía ser menos imos con outra receta de tempada, con setas.
Antes de seguir comentarvos que oxe é fácil ter setas todo o ano.
Existe unha empresa en Galiza, HIFAS DA TERRA, que se dedica a comercialización de setas deshidratadas, a mais de outras cousas.
O outro día tiña unhas Trompetas da morte que fixen cun arroz.
Ista é unha seta que nos se debe de tomar crua, pois pode resultar indixesta.

Ingredientes:
200 grs de arroz (eu utilicei o tipo bomba)
1 cebola
1 bolsa de trompetas da morte deshidratadas
350 ml de nata para cociñar


Elaboración:
Deixaredes as setas unhas cinco horas en auga pra hidratalas.
Unha vez transcurrido o tempo, faredes un arroz branco (o pilaw vaille de maravilla), utilizando a auga de hidratar as setas.
Nunha tixola poñemos a quecer un pouco de azeite, cando esté quente, pocharemos a cebola cortada en plumas. Unha vez que a cebola esté ben pochada, añadiremos as setas que saltearemos durante cinco minutos coa cebola.
Transcurrido o tempo engadiremos a nata e cociñaremos todo o conxunto.
Num prato de servizo teremos posto o arroz, e por riba botaremos as setas coa nata.
Listo. Non necesita de mais aditamentos.
Teño unhas setas Shii-Take para facer un risoto, pero eso vai a ser outra historia.