Ir al contenido principal

Campo e mar

Por unha banda estamos a falar de uns mexillóns a vinagreta, que non vou a detallar, o fundamental mexillón de boa calidade, pemento roxo, verde, ceboleta, clara de ovo cocido, sal pementa, aceite e vinagre a o gusto. E por outra de orella de porco que preparei da seguinte maneira:
Necesitamos:
1 kg de orella de porco
1 folla de loureiro
2 cebolas
Sal grosa
1 cenaoria
4 dentes de allo
1 tomate maduro
1 pizca de tomillo
1 cucharadiña de pimentón
1 guindilla
4 culleradas de aceite de oliva
Sal e pementa


Eu usei orella que ven prensada e envasada a o baleiro é máis rápido, máis limpo e de unha excelente calidade.
Pero comentarei como facelo coa orella a granel.
Limpar cuidadosamente as orellas.
Nunha perola con auga fría poñer a orella con o laoureiro, unha cebola enteira e a sal grosa.Deixar cocer durante 2 ou 3 horas a lume medio, para que nos se rompa a orella, ata que estea tenra. Si se fai por este método reservar un pouco do caldo.
Cortar a orella a cuadradiños e reservar.
Pelar a outra cebola e picala.
pelar a cenaoria e cortala en cuadradiños.
Pelar os dentes de allo e picalos finamente.
Pelar o tomate, quitarlle as sementes e cortalo en trozos
Nunha perola con aceite aceite quente, sofritir  a cebola, a cenaoria e máis os allos durante 5 minutos.

Engadir o tomate, a pizca de tomillo, unha cucharadiña de pimentón e dous cucharóns de auga de facer as orellas (polo xeito rápido un pouco de auga quente), agregar a orella e deixar facer todo 5 minutos máis. Salpimentar e servir quente.