Ir al contenido principal

Troita en adobo con cachelos e pementos de Herbón

Ingredentes:
4 Filetes de troita grandes ou 4 troitas de ración
4 patacas para cocer medianas
200 grs. de pementos de Herbón (por fin producto de zona de orixen protexida)
1 dente de allo
1/2 culleradiña de pementón doce
1 folla de loureiro (pequena)
1 pizca de tomillo
2 culleradas de viño branco
Aceite de oliva, e sal gorda
A fotografía é un apaño para sair do paso, colocarase unha boa


Nun morteiro machacar o allo con un pouco de sal gorda, o tomillo e a folliña de loureiro. Engadimos un chorro de aceite de oliva, o pimentón e o viño, misturando ben.
Vertemos o líquido resultante por riba dos filetes de troita previamente salgados e deixámolos macerar o menos 3-4 horas (o mellor son 24 horas). Fervemos as patacas con a pel en auga con sal e media cebola, un pouco de aceite e unha folla de laurel.
Colocamos os filetes de troita nunha placa de forno xunto co adobo e forneamos a 130 º (baixa temperatura para un resultado xugoso) ata que a troita quede feita. Quedará lixeramente rosada no interior.
Fritir os pementos en aceite quente e salgar con sal gorda.
Poñer un filete en cada prato acompañado dos pementos e das patacas cortadas en rodelas. Pringar con un pouco do adobo.

Un ribeiro fresco sería un estupendo acompañante.