O domingo deu para moito nesta ocasión.
A receita que vos relato de seguido é sacada do blog de "nenalinda". Transcriboa no meu sitio, con a única finalidade de darlle publicidade, sei que a Nenalinda non lle a de parecer mal. O cambio que fixen foi na guarnición, en vez de patacas púxenlle un arroz fervido. Xa utilizara patacas no pincho.
Ingredientes:
Centros de pescada (eu usei solombos de pescada)
1 sobre de sopa de cebola
1 sobre de crema de champiñóns
750 ml de viño branco (ollo que non sexa moi ácido)
2 vasos de auga
Sal
Ponse o viño branco nunha cazola ata que ferva e se reduza ata a evaporación total do alcohol.
Os sobres da sopa de cebola e da crema de champiñóns disólvense nos dous vasos de auga e engádense a o viño xa co alcohol evaporado. Deixase facer a salsa uns dez minutos dende que arrinca a ferver. A textura da salsa, se queda moi espesa, vaise arranxando con auga quente ata conseguir a textura desexada.
Sálgase a pescada e enfaríñase lixeiramente. Cando a salsa esta no seu punto, ponse a pescada e deixase facer uns 15 minutos, dependendo da cantidade e grosor da pescada.
Emprátase e sérvese quente.
Grazas nenalinda unha receita con moi bos sabores e sen complicacións.