Ir al contenido principal

Milfollas de morcilla de Guadalupe

Como vos contei onte, aló polo mes de setembro andamos por Extremadura, e trouxemos Morcilla de Guadalupe. Transportámola evitando que rompese a cadea de frío, pois estamos a falar de sangue.
O chegar a casa seguín os pasos que me indicaron para cociñalas: facerlle un pequeno corte nas puntas e cocelas entre 5 e 7 minutos. Xa están listas para consumir. Corteinas en anacos de ración e procedín a conxelalas para un posterior uso.
En Guadalupe servírona simplemente un anaco de morcilla con un anaco de pan.
Eu quixen encontrarlle mais usos (o mellor pásome de listo e preséntana de mil maneiras) dos que vin alí.
Fixen un arroz con morcilla que estaba realmente bo. E tamén fixen como un milfollas que agora paso a detallarvos.

Ingredentes: Patacas, cebolas, Morcilla de Guadalupe, ovos, sal Maldón e aceite. Non indico cantidades, pois é moi fácil calcular estes productos en función dos comensais.


Cortamos en rodelas as patacas e as cebolas, botámolas en aceite que xa tíñamos a quecer. Faranse de modo como si fosen para tortilla. Baixarémoslle o lume para que as patatas e as cebolas cózanse no aceite mais que fritirse. Cáse confitadas.
Quentamos a morcilla no microondas, sacámoslle a tripa na que ven embutida e comenzamos a montar o prato.

Collemos un aro corta pastas e comenzamos a darlle corpo a o milfollas; a primeira capa de patacas e cebolas, a seguinte de morcilla e outra de patacas con cebola. Para rematar o prato fritimos un ovo dentro do aro corta pasta para que sexa da mesma media que o milfollas.
Ponse por riba da derradeira capa de patacas e sazonase con sal Maldón. Podedes romper o branco do ovo con un par de ceboliños cruzados por riba.

Unha vez o prato diante do comensal e que vexa que somos unhos fenómenos presentado os pratos, o meu consello e que lle indiquedes que o xanten como si foran unhos ovos rotos.
A pouca imaxinación que lle votedes, cos aros corta pasta podense facer maravillas de presentacións, tanto en redondo como cuadrado.
Que vos aproveite.