Ir al contenido principal

Plátano flambeado con crema inglesa de chocolate

Tendo en conta o lambón que é o Pepe, non podía deixar de facer unha sobremesa acorde con il.
Ingredientes:
Para o plátano
Plátano non demasiado maduro
Manteiga
Azucre moreno
Zume de laranxa
Ron
Para a crema
500 ml de leite (mellor enteira)
500 ml de nata de montar (toma materia grosa)
7 xemas de ovo
65 grs de azucre
500 grs de cobertura de chocolate

Mixturamos as xemas e o azucre.
Levamos a leite e a nata a ebulición.
As xemas con o azucre, engadímoslle un pouco de nata e leite quente, para atemperala e que as xemas non faga fios.
Sobre a leite e a nata en ebulición iremos botando as xemas sen deixar de remexer.

Apartamos do lume e engadimos a cobertura de chocolate raiado. Remexemos ata que o chocolate se desfaga totalmente.
Reservamos, polo menos 2 horas na neveira, nas copas ou chupitos que imos a levar a mesa.
Pelamos e cortamos o plátano en rodelas de entre 1/2 e 1 centimetro. Poñemos a manteiga nunha tixola e engadimos as rodelas do plátano e o azucre en proporción do 25 grs de azucre por 100 de plátano.
Hai que remexer con coidado para que o plátano non se rompa, nin se forme unha papa. Cando o plátano empeza a ulir separar do lume e engadir un pouco de zume de laranxa, volver a levar a o lume, engadir o ron (segundo gusto) e flambear (ollo con as campás extractoras).

No chupito ou copa que temos gardada na neveira, engadimos unhas rodelas de plátano e rociámolo co seu prebe.
A proporción de plátano no chocolate debe de ser maior que a que presento nas fotos, pero xa dixen máis arriba, o Pepe é un lambón.