Ir al contenido principal

Pincho de lombo adobado con pataca e salsa a pementa verde

Como dicía antes, hoxe é domingo e hai tempo. Fixen un pincho por aquelo de entreterme un pouco.
Con as cantidades que dou nos ingredientes deben de saír uns 8 ou 9 pinchos, todo depende do grosor dos elementos.

Os ingredientes son os seguintes:
300 grs de lombo adobado nunha peza (embalado en baleiro)
patacas
sal
salsa a pementa verde


Pois imos aló, poñemos o lombo a cocer embalado en baleiro, durante 2 horas, a auga non chega a ferver, debemos de manter unha temperatura de entre 65 e 70 grados.
Despois de quentar a auga, púxeno no número 2 da cociña e aguantou todo o tempo a temperatura. O fácelo en baleiro, cócese no seu propio zume e, neste caso non o utilicei, o zume que solta pódese poñer a reducir e engadir a outro tipo de salsa que se faga.
As patacas unha vez peladas, corteinas en rodelas de medio centímetro, e púxenas a escaldar (que non cheguen a cocer). Unha vez frías con un cortapastas (a medida do mesmo queda a vontade do cociñeiro), facemos uns discos de patata (eu usei un cortapastas rizado), que no momento oportuno remataremos fritíndoas en aceite quente, O proceso e rápido.

Cando o lombo estea feito, cortámolo en lonxas e co cortapastas facemos discos da mesma medida que as patacas.
Montamos o pincho alternando pataca e lombo, ensartamos con unha brocheta longa e salseamos.


A utilización do lombo con o seu zume en máis receitas queda a imaxinación do cociñeiro. Con discos máis grandes e unha guarnición, podémolo transformar en prato principal.