Ir al contenido principal

Broquetas de langostinos rebozados con tres mollos

Onte veo a cear connosco, a nosa familia de Valencia e máis de Castela-A Mancha, en roman paladín Pepe (hoxe vai a gañar o Madrid, que o saibas) e Lola, e con tal motivo preparei unhas receitas das que dimos boa conta e outra, que soamente probamos e non ceamos, da que xa falaremos en outra ocasión.
Ben, pois unha delas foron unhas broquetas de langostinos rebozados con tres mollos.
Necesitamos:
Para as broquetas
Langostinos frescos
Millos torrados (quicos)
Ovos
Para os mollos
Chutney de tomate  
Tomate rama
Azucre
Vinagre
Aceite
Crema de queixo
200 grs de queixo azul
50 gras de nata para montar
Emulsión de curry
100 grs de maionesa
10 grs de curry (a cantidade vai a variar segundo o gusto de cada un)
A os langostinos sacámoslles as cabezas e pelamos deixándolle sen quitar a última volta (as cabezas e as peladuras, podemoslas conxelar para un futuro mollo)
Ensartámolos nas broquetas empezando pola cola.
Unha vez feita a operación pasarémolos por ovo e polo millo que con anterioridade xa trituráramos.
Resérvanse para a súa posterior fritura.
Os mollos son moi sinxelos de preparar:
Emulsión de curry, misturar a maionesa co curry a o gusto, emulsionar ben.
Crema de queixo, poñer a ferver a nata, cando colla temperatura engadir o queixo e fundir na nata ata acadar a textura desexada.
Chutney de tomate, cortar os tomates sen pel nin sementes (concasé), saltear nun pouco de aceite cando estea no seu punto engadir o azucre (o 40% do peso do tomate pochado) e caramelizar sen deixar de remover. Engadir vinagre normal de viño, para conseguir o punto agridulce.

Fritir os langostinos reservados e presentar con os tres mollos.
Para os rebozados todo o que se vos poida imaxinar, cereales dos almorzos, sementes de lino, sementes de pipas, etc. Podedes facer un muestrario de texturas.