O pasado día 6 coma todos os anos, xuntámonos na casa de Carmen, sogra da miña irmá e nai do noso querido cuñado, en Rivela.
A xustificación era a celebración do Magosto (festa tradicional de Ourense), unha disculpa coma outra calquera para xuntarse ao redor da mesa.
O menú foi do mas tradicional, xamón, chourizo e salchichón, todo caseiro, da matanza do cuñado, empanada, un arroz con cogumelos (trompetas da morte) e carne o caldeiro. De postre tarta de castañas, castañas asadas, xa sei que son moitas castañas, pero é a súa festa de exaltación. Como non podía ser menos o licor café non faltou.
Este ano fíxenme cargo da cociña, a tarefa fácil, a carne o caldeiro é de unha preparación moi sinxela, parece mentira o resultado final tan espectacular.
Durante a preparación houbo que dar candela, xa que a cociña tamén nos servía de calefacción.
A reunión foi estupenda, tanto que Carmen non nos puido botar da casa, e tamén nos quedamos a cear.