Ir al contenido principal

Mousse de yogur con vela de cristal de caramelo

Xa estou por aquí de novo, claro é domingo e hai máis tempo que pola semana para intentar facer algo distinto a os días laborais.
Hoxe metinme con unha sobremesa para os mais lambóns. É unha sobremesa moi sinxela de preparar so necesita misturar os ingredientes e frío. Non o intenta un vago redomado.

A sobremesa en cuestión é unha mousse de yogur como xa pudéstedes ler no título da entrada e cos ingredientes que vos indico a seguir, sae unha cantidade máis que xenerosa.
Ingredientes:
8 yogures naturais
200 grs. de azucre
1/2 litro de nata montada
10 follas de xelatina (20 gr)
200 ml. de leite

Ben pois con todo isto imos a comenzar a traballar.
Poñemos a remollo as follas de xelatina en auga fría. Bater lixeiramente os yogures co a azucre. Quentar a leite, escorregar ben as follas de xelatina  e disólvelas na leite. Botamos esta preparación na crema de yogur e deixámola que colla frío.
Unha vez fría misturamos a crema de yogur con a nata montada, facendo esta parte con moita suavidade. Encher moldes individuais e deixar no frío a o menos 2 horas. Pasado este tempo desmoldámolo.
Imos a falar da presentación: queda de morrer con unha crema de framboesas ou unha salsa de fresas.
Máis eu hoxe optei por un cristal de caramelo posto a modo de vela na sobremesa.

Para facer o cristal usaremos caramelos de mel, de frutas, etc. pero o caramelo xa debe ser dos que teñen de por si aspecto de cristal.
Nun papel de forno colocamos, na metade do papel, 3 ou 4 caramelos espaciados entre si, con a outra metade tapámolos. Poñemos no microondas para que se ablanden, vou a dar orientatívamente 30 ou 40 segundos a 900º de potencia, pero xa vai a depender do caramelo, hai que vixialo pois se nos pasamos, quéimanse deseguida.
Unha vez que os sacamos do micro e actuando con rapidez pasamos o rodillo por riba do papel para estirar o caramelo derretido, formarase un cristal que hai que manipular con moito coidado, para que todo o traballo non se rompa en mil anacos.
Eu hoxe solo tiña na casa caramelos de limón, pero si o facedes con caramelos de colores e espectacular.
Máis no vos esquezades do acompañamento das framboesas ou as fresas.
Que bos guste.