Ir al contenido principal

Tiramisú de fresas

A sobremesa que fixen é unha das moitas versión que hai do famoso Tiramisú italiano.
Eu usei os seguintes ingredientes:

500 grs de Mascarpone
6 ovos
400 grs de fresas
120 grs de azucre
1 vasiño de viño moscatel
Biscoitos secos


Antes de indicar os pasos da receita, farei unha consideración. Podedes preparar o tiramisú como se fose unha torta a o modo tradicional ou ven presentalo en copas ou vasos individuais. Eu optei por esta segunda opción, penso que é máis atractiva e facilita o servizo. Con as cantidades indicadas da para un montón de copas.
Faremos do seguinte modo: lavaremos ben as fresas (supoño que xa sabedes que hai que lavalas co pedúnculo sen arrincar, para evitar que lle entre auga) e cortaremos en lamias. Porémolas nun recipiente axeitado e engadiremos a metade do azucre e a copiña de moscatel. Eu deixeinas da noite anterior neste prebe.
Separamos as xemas das claras e montamos estas últimas a punto de neve.
Nun cunco batemos o queixo con as xemas e engadimos o resto do azucre, traballamos ben. Engadimos as claras a punto de neve con un movemento envolvente ata conseguir unha crema homoxénea.
En cada copa ou vaso de servizo, colocamos unha base de biscoitos, por riba deles fresas maceradas, por riba unha capa de crema de Mascarpone, outra capa de biscoitos e máis fresas e crema.
Deixar no frío un mínimo de dúas horas antes de servilo.
Non teño por costume indicar a maridanza do prato con un viño, pois penso que moi persoal, pero nesta ocasión podédelo servir co mesmo moscatel da maceración para acompañalo.