Ir al contenido principal

De O Cebreiro a Triacastela

Onte fixemos a etapa do Camiño que nos levou dende O Cebreiro ata Triacastela.
A neve que nos despediu de O Cebreiro o dia que chegamos alí, resistíase a irse, aínda estaba esperándonos para darnos a sinal de saída.
Foi un día máis frío que o anterior, a pesar de que as predicións eran mellores.
O percorrido era de un perfil bastante bo, salvando a subida a o Alto de Poio. E corta pero o cambio de altitude que hai en uns poucos metros é realmente terrible.
A partires de ese punto é todo baixada, suave ata Biduedo, dende aquí ata Triacastela son 6 quilómetros de baixada pronunciada e por un camiño que o rexeitarían ata as cabras e que en boa parte dela acompañounos unha neve que entraba racheada do norte. Si a promoción que queren facer do Camiño é o que vin onte, que pobreza de miras. A verdade é que non sei de que me estraño, despois de escoitar o de Desván de los Monjes, entendo que a capacidade dos que lle corresponde a promoción é moi limitada.