Ir al contenido principal

Polbo encebolado con patacas

De segundo prato fixen un polbo encebolado, moi sinxelo si xa mercamos o polbo cocido nun dos moitos postos de venda que hai polas rúas de Ourense os domingos e festivos.
Si decidides cocelo vos, si é fresco hai que mazalo ou ben conxelalo. Unha vez conxelado antes de facelo ten que desconxelar, non esquezades de sacarlle o pico. Poñer a quecer abundante auga, cando ferva hai que coller o polbo pola cabeza e somerxer por tres veces na auga fervendo. O tempo de cocedura vai entre os 25 ou 30 minutos, pero a mellor medida é ir pinchando con un garfo. Deixamos repousar na auga de fervura.
Se compramos o polbo xa cocido, pediremos un pouco de auga da cocedura.
Cocemos unhas patacas na auga de cocer o polbo. Cortamos a cebola en xuliana, refogámola, cando estea feita engadimos o polbo e pemento moido. Engadimos as patacas e remexemos para que as patacas se empapen do sabor.