Xa volvo a andar por aquí, hoxe fixen un prato de pasta e unha sobremesa
Para o prato de pasta que nos ocupa imos a necesitar os seguintes ingredientes:
300 grs. de niños
100 grs de pan relado
1 cullerada de baias (pementas variadas)
4 ovos frescos
100 ml. de caldo de polo
100 ml. de tona líquida espesa
1 chalota
Aceite de oliva
1/2 cullerada de curry
Aqueceremos dous ou tres litros de auga a que engadiremos sal e un pouco de aceite, cando comece a ferver coceremos os niños, seguiremos as instrucións do fabricante pero débennos de quedar a o dente.
Cando estean, escorregalos en auga fría e deixar secar sobre un pano limpo.
Para facer a crema picaremos a chalota e abrandala nun pouco de aceite sen que chegue a coller cor. Engadir o caldo e a tona, deixar reducir ata obter a consistencia desexada, nese momento engadir o curry.
Poñer un cazo pequeno a o lume con un pouco de aceite, rebozar os niños e fritir de un en un (e case que un visto e non visto, tede en conta que o pan relado queimase deseguida) e poñer en papel absorbente.
Fritir os ovos.
Para empratar, poñeremos un niño de pasta e por riba un ovo. acompañar da crema o curry reservada.