Ir al contenido principal

Mini canelóns de ervellas con muselina de allo

Esta receita é un agradable entrante para unha comida, ademais é unha forma de facer que os máis cativos tomen as ervellas e se vaian facendo a o seu sabor, todos sabemos o reticentes que son a todo o que vexan verde e vexetal.
Imos a necesitar os seguintes ingredientes:
16 placas para canelóns
250 grs. de ervellas
2 ovos cocidos
1 lata de bonito en aceite
6 anchoas
1 lata pequena de pemento morrón
brotes de xerminados
Para a muselina de allo
1 dente de allo
200 ml de aceite
100 ml de leite
1 clara de ovo a punto de neve
sal
Vamos a facer da seguinte maneira: Cocemos as placas de pasta (segundo marque o fabricante), arrefriámolas e poñémolas a escorregar nun pano limpo.
Facemos a salsa poñendo, no vaso da batedora, o dente do allo despois de que lle sacarmos o xermolo de dentro. Engadimos un pouco de sal, a leite, o aceite e batemos ata obter unha maionesa (máis ben lactonesa) espesa.
Fervemos as ervellas, escorregamos e esmagámolas ben con un garfo, xunto cos ovos cocidos e o bonito. Picar ben o pemento morrón e as anchoas, e engadir a mestura das ervellas, engadir un par de culleradas da lactonesa e mesturar.
Poñer a cantidade de recheo necesaria no centro de cada placa da canelóns e enrolar procurando que o recheo se estenda ata os extremos. Partir cada canelón o medio.
Engadir a clara montada a a lactonesa con moito coidado e con movementos envolventes para que non se baixe.
Empratar e napar con a muselina de allo. Decorar con algún xerminado (na foto non o leva, pois non fun quen de atopalo).
Veredes que agradable é a mestura de todos os sabores que compoñen o ¿petisco ou mini cociña?
Disfrutádeo.