Ir al contenido principal

Robaliza estofada

Hoxe temos unha de peixe. Vai a ser con robaliza un dos peixes que máis me gusta. A pesares das contradicións que pode ter a acuicultura, podemos dispoñer dela a un prezo moi alcanzable. Evidentemente non é o mesmo que a robaliza salvaxe, pero fai ben a súa función.
Imos a necesitar os seguintes ingredientes:
Unha robaliza de 1,500 a 1,700 ou dúas xeitosas
Olivas negras
1 cebola
1 pemento vermello
1 pemento verde
1 tomate maduro
2 dentes de allo
1 rama pequena de tomiño
1 vaso de viño branco
3 culleradas de prebe de tomate
Aceite de oliva, sal e pementa


Procederemos do seguinte xeito:
Picamos en xuliana fina a cebola, lavamos e cortamos os pementos.
Nunha tixola con un pouco de aceite, sofritimos a cebola os pementos e os dentes de allo sen pelar.
Pelamos en cadrados o tomate e engadimos a o sofrito xunto con as olivas e a rama de tomiño. Deixámolo facer e engadimos o prebe de tomate.
Incorporamos o viño e deixamos evaporar o exceso de alcohol.
Poñemos a robaliza cortada en rodelas xenerosas, tapamos e deixamos facer uns sete minutos ata que branquee.
Servir por riba das verduras.
Non vos digo que está boa, soamente vos digo que probedes a facela e logo contádesme.