Ir al contenido principal

Rolos de tortilla con berenxenas e picadillo de xamón

Por aquí andamos de novo hoxe vou a poñer dúas receitas que van de enroladas. Nesta imos a xogar con ovos, verduras e carne, para facela imos a necesitar o seguinte:
6 ovos
2 berenxenas grandes
2 lonchas de xamón salgado
1 cebola
1/2 pemento verde
4 culleradas de nata para cociñar
Fariña, aceite, sal e pementa


Faremos do seguinte modo; batemos os ovos, engadimos a nata e unha cullerada de fariña, sazonamos con sal e pementa e votámolos nunha tixola grande con un pouco de aceite quente. Callamos a tortilla fina, retirámola do lume e reservámola.
Cortamos as berenxenas en láminas finas a o longo, sazonámolas con sal e deixámolas media hora para sacarlle a acidez.
Logo da media hora, lavámolas, secámolas e asámolas no forno forte con un pouco de aceite por riba durante 5 minutos ata que estean lixeiramente douradas.
Refogamos nunha tixola con un pouco de aceite, a cebola picada ata que estea lixeiramente dourada, engadimos o pemento verde picado e refogamos 5 minutos máis. engadimos o xamón cortado en dados e refogámolo. Sazonamos con sal e pementa.
Poñer as láminas de berenxena sobre a tortilla, repartir por riba o refogado de verduras e xamón, e enrolar.
Xa está disposto para xantar, podédelo acompañar de unhos tomates cereixa e brotes verdes de ensalada.
Ven arriba puxen que poñería dúas; pois non, hoxe soamente vai a ser esta, a outra queda para mañá.