Imos a seguir pola senda dos pratos fríos. É o que máis me apetece con estes días que nos están a vir.
Este vai a ser un prato frío con polo.
Para iso imos a precisar:
1 polo enteiro desosado
2 peitugas desosadas
1 bote de nata (eu usei uns 350/400 grs)
1 copa de brandi
2 claras de ovo
2 culleradas de ceboliño picado
2 culleradas de albahaca fresca picada
Aceite, sal e pementa
Con todo isto faremos do seguinte xeito:
Poñemos o polo nun bol co brandi, sal, pementa e un pouco de aceite; deixámolo macerar unha hora.
Separamos as 2 peitugas enteiras e pasamos o resto do polo pólo batedor ca nata ata obter un puré. Engadir as herbas frescas, sazonalo con sal e pementa e incorporar as claras a punto de neve.
Forrar un molde con papel vexetal (se é de silicona non fai falla) e verter a metade da mestura anterior. Colocar as peitugas reservadas e cortadas en filetes; cubrilas co resto de mestura de polo.
Cocelo no forno nun baño maría durante 60 ou 75 minutos.
Desmoldar en quente e servir frío.
Podémolo acompañar de unhas patacas chips e unha maionesa ou uns brotes de ensalada.