Ir al contenido principal

Flan caseiro de cereixas

Como xa están aquí imos a por elas e con elas imos a facer unha sobremesa. Refírome como xa imaxinades as cereixas. Por fin empeza a tempada das froitas con oso, son as que máis me gustan e iremos vendo algunha sobremesa con nectarinas, albaricoques, etc.
O primeiro que hai que ter en conta para esta sobremesa, é a paciencia. Hai que sacarlle o oso a 1 quilo de cereixas. Eu teño un aparato que llo saca por presión (aínda así e un montón de cereixas). A outra opción é co coitelo.

Imos a necesitar:
1 quilo de cereixas
12 biscoitos de soletilla (ou os necesarios según o molde que usedes)
100 grs de azucre
3 ovos
6 culleradas de leite condensada
1 copa de brandi (se non é do gusto ou hai nenos, pódese suprimir)
1 limón
manteiga

Sacámoslle o oso as cereixas e cortámolas pola metade. Póñense nun cazo co azucre, un pouco de auga e un chorriño de zume de limón. Cocémolas durante uns 10 minutos.
Escorregamos (sen perder o xarope da cocción) e reservamos.
Prendemos o forno a 180º.
Se non é de silicona, untamos a flaneira ou molde que usemos con manteiga e ímola enchendo con capas de biscoito e cereixas, rematando con unha de biscoito.
Batemos os ovos e mesturámolos ca leite condensada, o brandi e o xarope reservado da cocción das cereixas.
Botámolo no molde, procurando que os biscoitos queden ben empapados. Cocemos no forno o baño maría durante 45 minutos.
Consello: este postre está mellor dun día para outro.
Que non vos bote para atrás o traballo previo de quitar o oso.