Ir al contenido principal

Xuntanza maio 2010

Pois como onte foi o derradeiro sábado do mes de maio, coma tódolos anos, este grupo de "xoves" que fixemos COU hai 39 anos, volvemos a xuntarnos para pasar un día entre algunha actividade e, como non, un bo xantar.
Estou case que tentado a retirar a palabra "xoves" do parágrafo anterior, xa que un parvo calquera (eu) comenta: "sabedes que xa empeza a haber ofertas para os maiores de 55 anos". Xa estamos amargando un bonito día.
Pois ben pola maña fixemos unha pequena andaina para abrir o apetito (algúns levámolo aberto de forma permanente) polo entorno do Barbantiño. Partindo de O Viñao, facemos un pequeno percorrido de uns 4 quilómetros, que forman parte de unha ruta de máis grande, ata a fervenza do Barbantiño. Dado o inverno de auga que tivemos a visión era moi boa.
O punto seguinte da orde do día era xantar e os que non foran a andaina, alí apareceron. O sitio escollido este ano foi a Casa Rural de Casal da Armán. Boa comida acompañada dun viño branco da adega da propia casa, realmente espectacular e todo elo aderezado con un entorno que é capaz de encher os ollos de paz e sosego. Unha vez rematado o xantar sobremesa con arranxo do país incluído, e como soamente facía unha semana das eleccións, pois non vos conto. Visita a adega de Casal de Armán.
Para rematar a xornada fixemos unha pequena visita o barrio xudeu de Ribadavia con compra de unha degustación de doces hebreos elaborados Herminia.
Unha advertencia po ano que ben facemos corenta anos de xuntanza. Non digo nada pero había que falaba ata de plantar lume.
Moitas grazas a todos por esta estupenda xornada: Arias, Pepe Delgado, Janeiro, Casiano, Tizón, Benjamín (alma mater), Germán, Javier Prado, Avelino Rivera, Manolo, Aser e, coma non, a min mesmo Oli.
Ata o ano que ven.