Ir al contenido principal

Bocadiños de pataca e morcilla con queixo e crocante de lomo

Ir a recita en castelán

Ola outra vez, hoxe imos a facer un pincho que vai a xuntar a tres comunidades: Galiza, Extremadura e Castilla-León.
Este bocado é case a Onu da gastronomía.
Non vou a dar cantidades, soamente ingredientes e cada un usará as cantidades necesarias para o número de comensais.


Patacas novas
Morcilla de arroz de Burgos
Torta del Casar (serve tamén o noso queixo fresco do país)
Lombo ibérico
Sal Maldon e pementa branca


Deixamos a Torta do Casar a temperatura ambiente. Cortamos unhas rodas da morcilla e deixámolas a temperatura ambiente.
Fervemos as patacas con pel e sal. Deixámolas arrefriar, pelamos e cortamos en rodelas. Botámoslle as patacas sal Maldon e a pementa recen molida.
Nunha tixola antiadherente facemos as rodelas de lombo ata que estean crocantes.
Montamos os bocadiños: rodela de pataca, rodela de morcilla, rodela de pataca e cubrimos cun unha cullerada de queixo.
Poñemos os bocadiños no forno o tempo xusto de que se quenten.
Servir coroados ca rodela crocante de lombo.
Un luxo de petisco, fácil e saboroso.