Coma neses días atrás que fixemos un escabeche con xurelo, hoxe ímolo con un dos peixes, para min, máis ricos. E un peixe azul, nada que dicir, perfecto para escabechar.
Para catro persoas temos que provernos do seguinte:
4 xardas
1 cebola doce
3 dentes de allo
Romeiro, tomiño e loureiro
1/2 culleriña de pementa en grao
Vinagre de viño (pode ser de mazá)
Aceite de oliva e sal.
Pedir na peixería que lle quiten as cabezas as xardas, que as limpen e que as abran en dúas partes quitándolle a espiña central.
Poñemos nunha cazola o lume co suficiente aceite para que as xardas queden cubertas. Colocamos as xardas, os allos, as herbas e a pementa. Facemos durante uns 12 minutos sen que a temperatura pase dos 80º. Veredes que estará feita cando mude a cor.
Escorregamos e poñemos de forma ordenada nunha bandexa e cubrimos ca cebola crúa cortada de forma moi fina en medías lúas. Aliñamos co aceite de confitar as xardas e un chorro de vinagre (a gusto do consumidor).
Pode comerse tanto frío coma atempado e combinado con unha ensalada e ideal.