Ir al contenido principal

Queixo fresco con tres pementos

Cando pos un prato na mesa a primeiro que nos entra é polos ollos. Esta apreciación é fundamental e xa case decidimos se nos vai a gustar ou non, por iso temos que facer pratos vistosos e coloridos (ollo que pode ser moi vistoso e o primeiro bocado rexeitalo) que reclamen a atención do comensal.
Unha vez sentada cátedra ca introdución, imos a xogar cas cores dos pementos e usaremos:

2 pementos verdes carnosos
2 pementos vermellos carnosos
2 pementos amarelos carnosos
200 grs de queixo marcaspone
3 culleradas de vinagre balsámico
8 cl de aceite de oliva aromatizado con herbas (usei aceite de romeiro)
1/2 dente de allo
pementa
sal


Lavamos os pementos, untámolos de aceite, salgamos e asamos no forno uns 45 minutos. O rematar sacamos do forno e tapamos para que suden e despois pelámolos.
Os zumes que quedan na bandexa de asar os pementos, engadímoslle o vinagre balsámico, remexemos e reservamos.
Pelamos os pementos, separando por as cores, trituramos engadindo os zumes do asado e a metade do aceite, ata conseguir tres purés finos.
Batemos o queixo co resto do aceite, medio dente de allo, a sal e a pementa. Como me quedou un pouco líquido, engadinlle un pouco de Philadelphia para darlle consistencia.
Presentalo coma vos leve a vosa imaxinación. Servir frío con un pouco de pementa moída.
Ideas, igual que na foto pero no lugar do queixo, poñemos ventrescas e entón teremos "Ventrescas con pementos reconstruido".
Se facemos arroz branco, mesturamos tres partes cos tres pementos e teremos un arroz decorado coma guarnición, e de seguro moitas máis que se vos virán a cabeza.