Ir á receita en castelán
Despois de pasar en branco o mes de decembro, arrancamos o ano cunha receita de escabeche, para probar o vinagre Albarro de Vinagres do Ribeiro S.L.
Estamos ante a primeira iniciativa de produción de vinagre que se fai no Ribeiro da man de Xoan Pablo Lorenzo de xeito artesanal e natural.
Si en algo ten importancia o vinagre, é nos escabeches.
Eu non son un experto en vinagres, pero guíome polo meu instinto e ó abrir a botella e ulir, o aroma xa avisa que estamos ante un vinagre aromático que resulta agradable.
A proba en boca foi de un sabor a vinagre, evidentemente, pero cun resultado suave que en ningún momento abrasa.
A proba de cociña foi moi boa, a min gústanme os escabeches moi suaves e podo asegurarvos que o resultado foi magnífico.
Deixo a receita para que o disfrutedes nas vosas cociñas.
Xa sei que a xarda non está en tempada, pero o outro día había catro mesturadas cos xurelos e foron para min.
- 2 xardas
- 1 cebola branca
- 1 cenoria
- 1 dente de allo
- 1 folla de loureiro
- tomiño
- pementa en grano
- 50 cl de aceite de oliva
- 15 cl de vinagre Albarro
- 1/2 cebola morada
- Mostaza antiga
- Sal
A
proporción de aceite e vinagre foi de 50 cl de aceite por 15 cl de
vinagre. Vos xa o axustades á cantidade de peixe que escabechedes.
- Picamos a cebola branca, a cenoria e o dente de allo. Refogamos no aceite.
- Engadimos o romeiro, o loureiro, o tomiño, o vinagre e a pementa. Neste caso infusionamos en quente, pero a lume brando.
- Mentres se fai o escabeche, sacamos os lombos das xardas e retiramos as espiñas e cando digo retiramos, refírome a todas. Queremos unha preparación na que todo o que leve sexa comestible.
- Retiramos o escabeche do lume e escoamos.
- Temperamos o escabeche a uns 60º. Introducimos os lombos, deixamos un minuto no lume e retiramos. Deixamos que rematen de cocerse suavemente co calor residual e o vinagre.
- Picamos finamente a cebola morada e poñemos a macerar nunha vinagreta feita co líquido do escabeche e mostaza antiga, cunha proporción de 3 de escabeche e 1 de mostaza antiga.
- Para o servizo facemos unhas torradas de pan no forno, seis minutos a 200º partindo de frío. Sobre a torrada poñemos unha capa da vinagreta de cebola morada e por riba un lombo de xarda cunhas escamas de sal.
Non dubidedes en usar este vinagre que encontraredes nas tendas gourmet.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito